Oficina Internacional de Pesos e Medidas
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 20 de maio de 1875 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Páxina web | bipm.org… | |||
A Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM, polas súas siglas en francés, Bureau International des Poids et Mesures) é unha organización intergobernamental,[1][2] coordinadora mundial da metroloxía. A súa sede está localizada en Saint-Cloud, nos arredores de París.
Historia
[editar | editar a fonte]A BIPM creouse o 20 de maio de 1875, trala sinatura da convención do metro, tratado entre 59 estados membros.[3]
Ten a súa sede no Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia, lugar de 4,35 hectáreas (orixinalmente 2,52 ha)[4] cedido polo goberno francés en 1876. Dende 1969 o Pavillon de Breteuil está considerado territorio internacional e a BIPM ten todos os dereitos e privilexios concedidos a unha organización intergobernamental.[5] O status foi aclarado posteriormente polo decreto francés número 70-820 do 9 de setembro de 1970.[4]
Funcións
[editar | editar a fonte]A BIPM ten a orde de achegar as bases para un sistema de medidas único e coherente en todo o mundo, identificable co Sistema Internacional de Unidades. Esta misión toma formas diferentes, dende a divulgación directa das unidades á coordinación mediante comparacións dos estándares de medida nacional, como no caso da electricidade.
O principal traballo da BIPM inclúe:[6]
- Actividades científicas e técnicas levadas a cabo nun dos seus catros departamentos: química, radiación, metroloxía e tempo.
- Traballos de comunicación e coordinación.
- Programas de transmisión do coñecemento.
- Fontes que proporcionan bases de datos e publicacións para metroloxía internacional.
A BIPM ten un papel importancia no mantemento da hora en todo o mundo. Combina, analiza e calcula os estándares do tempo atómico oficial dos países membros arredor do mundo para crear un tempo universal coordinado (UTC) único e oficial.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pellet, Alain (2009). Droit international public. LGDJ. p. 574. ISBN 978-2-275-02390-8.
- ↑ Schermers, Henry G. (2018). International Institutional Law. Brill. pp. 302–303. ISBN 978-90-04-38165-0.
- ↑ "Brief history of the SI". BIPM. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Page, Chester H; Vigoureux, Paul, eds. (20 de maio de 1975). The International Bureau of Weights and Measures 1875–1975: NBS Special Publication 420. Washington, D.C.: National Bureau of Standards. pp. 26–27.
- ↑ "History of the Pavillon de Breteuil". BIPM. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "BIPM: Our work programme". BIPM. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Time Coordinated Universal Time (UTC)". BIPM. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oficina Internacional de Pesos e Medidas |