O Cerqueiro, Baldráns, Tui
O Cerqueiro | |
---|---|
Parroquia | Baldráns |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°03′35″N 8°34′50″O / 42.059767746968, -8.5806150794359 |
Poboación | 86 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cerqueiro é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), a mesma cantidade ca no ano 2000.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Cerqueiro é topónimo derivado do latín CERQUARIU,[1] unha especie de carballo caducifolio, tamén coñecida como cerquiño.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste barrio foron atopados de maneira casual varios bifaces de tipoloxía paleolítica (seixos de cuarcita tallados en ambas as caras). O barrio conta cun muíño, o muíño de Nogueira[2].
Economía e agricultura
[editar | editar a fonte]O barrio está situado na Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente dentro da área do Condado do Tea. Na actualidade hai dúas adegas comerciais activas no barrio.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baldráns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Baldráns no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
A Carballiza | O Cerqueiro | O Facho | A Igrexa | A Malladoura | A Parceira | O Rapado | A Teixeira | As Veigas |
Parroquias de Tui
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 213. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.