Saltar ao contido

Nora (máquina hidráulica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nora en Alxeciras, (España).
Nora de tracción animal.

Unha nora ou noria é unha máquina hidráulica que serve para extraer auga seguindo o principio do rosario hidráulico.[1] Consiste nunha gran roda con aletas transversais que se coloca parcialmente somerxida nun curso de auga, o cal, grazas ás paletas, imprime á roda un movemento continuo. Esta posúe no seu perímetro unha fileira de recipientes (usualmente canxiróns ou alcatruces) que, co movemento da roda se enchen de auga, a elevan e a depositan nun conduto asociado á nora que a distribúe. Existen tamén noras para tirar auga de pozos, nas que o movemento se consegue xeralmente utilizando tracción animal.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

O funcionamento consiste en que a nora se encontre semimergullada nunha canle de auga ouacequia e, coa forza da auga impulsa unhas palas de perfil plano e produce o xiro desta. Nos seus extremos leva uns caixóns ou "canxiróns" que, ao mesmo tempo, énchense de auga e, ao chegar á parte superior, soltan a auga nunha canle de recollida polo que é capaz de levantar a auga á altura do diámetro da nora.

A nora na Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

As noras son orixinarias do Oriente Medio e foron introducidas na Península Ibérica en tempos da invasión musulmá. Utilizáronse principalmente para regas.

  1. "Definición da palabra: nora". Portal das Palabras. Consultado o 2020-04-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]