Noosfera
A noosfera é un concepto filosófico desenvolto e popularizado polo filósofo e xesuíta francés Pierre Teilhard de Chardin e o bioxeoquímico ucraíno Vladimir Vernadsky.[1] Vernadsky definiu a noosfera como un novo estado da biosfera, describindoo como a "esfera planetaria da mente". A noosfera representa o nivel superior do desenvolvemento da biosfera, sendo o seu factor definitorio o desenvolvemento das actividades racionais da humanidade. O termo deriva dos vocablos gregos noos (νόος ), mente, e esfera (σφαῖρα), de xeito análogo a biosfera, atmosfera ou litosfera.[2]
As concepcións de Vernadsky e Pierre Teilhard de Chardin de noosfera, aínda que relacionadas, eran claramente diferentes, baseándose o primeiro nas ciencias xeolóxicas e o segundo na teoloxía. Ambos conceptos comparten a tese común de que a humanidade e a tecnoloxía deron orixe e continúan a crear o último nivel na evolución planetaria.[3] Autores posteriores, principalmente de orixe rusa, desenvolveron o concepto de noosfera de Vernadsky, creando o concepto relacionado de noocenose.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vladimir Ivanovich Vernadsky
- ↑ Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. pp. 44–47. ISBN 978-84-7223-799-5.
- ↑ Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2003). "8. El planeta Gaia". Captando genomas (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Kairós. pp. 178–87. ISBN 84-7245-551-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noosfera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vernadsky, Vladimir Ivanovich. La biosfera, A.Machado Libros, S.A. 1997.
- Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. ISBN 978-84-7223-799-5.
- Samson, Paul R. The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society and Change. Routledge, 1999.