Naoko Takeuchi
Nome orixinal | (ja) 武内 直子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de marzo de 1967 (57 anos) Kōfu, Xapón |
Educación | Universidade de Keiō |
Actividade | |
Campo de traballo | Banda deseñada, Manga e ilustración |
Lugar de traballo | Toquio |
Ocupación | ilustradora, farmacéutica, creadora de banda deseñada, guionista de cómics, artista de banda deseñada, Mangaka, letrista, autora de cómics |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Yoshihiro Togashi |
Premios | |
| |
Naoko Takeuchi (武内 直子 Takeuchi Naoko?), nada na cidade de Kofu, na prefectura de Yamanashi,[1] o 15 de marzo de 1967, é unha artista xaponesa de manga. É coñecida polas series manga Codename: Sailor V (1991–1997) e Sailor Moon (1991–1997).
Gañou o segundo premio de Banda Deseñada Nakayoshi de Newcomers por Yume ja Nai no Ne (1985) e o premio de Novo Artista por Love Call (1986). O seu seguinte manga Sailor Moon, converteuse nun dos manga máis exitosos e populares do mundo, con máis de 35 millóns de copias vendidas internacionalmente. En 1993, gañou o premio de Manga Kodansha pola serie. Fóra do Xapón, as adaptacións anime de Sailor Moon foron máis exitosas que o manga e considéranse que axudaron a popularizar a animación xaponesa no mundo occidental.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Takeuchi naceu en Kofu, Yamanashi, filla de Kenji e Ikuko Takeuchi. Ten un irmán máis novo, Shingo. Takeuchi usou os nomes dos seus familiares para as personaxes da súa obra Sailor Moon. Estudou a secundaria en Kofu; no instituto, levaba un uniforme sailor, e uniuse aos clubs de astronomía e manga.[2][3] Estas experiencias influenciaron tamén Sailor Moon, así como outras das súas obras, como Love Call ou Rain Kiss. Foi nesta época que decidiu ser mangaka; porén, a presión do seu pai por atopar un traballo máis estable levouna a estudar Química na universidade. Tras graduarse, fíxose farmacéutica licenciada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Naoko Takeuchi Anime News Network. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ Glover 2006.
- ↑ Obayashi 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Glover, Alex (2006). "The Manga of Takeuchi Naoko" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016.
- Obayashi, Ayano (2002). "武内直子先生インタビューの要旨" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 06/10/2002.