Municipio de Talsi
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Talsi (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.675 (2024) (12,61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.750,78 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Município de Talsi (pt) , Município de Dundaga (pt) , Município de Mersrags (pt) e Município de Roja (pt) | ||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 384.761.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.863 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-097 | ||||
O municipio de Talsi (en letón, Talsu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o vello e menor municipio de Talsi cos municipio de Dundaga, Mērsraga e Roja.
Localizado no noroeste de dito país báltico, fai costa ao seu leste co golfo de Riga e ao norte co estreito de Irbe. A súa capital é a propia cidade de Talsi.
Ten unha superficie de 1.763,2 km² e unha poboación de 35 699 persoas a finais de 2021[1]. O municipio componse das parroquias de Abava, Balgale, Ģibuļi, Īve, Ķūļciems, Laidze, Lauciene, Lībagi, Lube , Strazde, Valdgale, Vandzene, Virbi e os pobos de Talsi, Stende, Sabile e Valdemārpils.
O municipio forma parte da rexión histórica de Curlandia.
Conflito lingüístico
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rexurdimento da lingua livonia.
O 25 de xaneiro de 2023 o municipio instalou sinais de tráfico en lingua livonia en 14 vilas do territorio, para mostrar en paralelo coa información de tráfico letoa o nome da localidade en livonio, un exercicio de soberanía parte do proceso de normalización do livonio na rexión. A actividade pretende extenderse ata chegar a 171 vilas e lugares en todo o Municipio. O proceso foi apoiado polo Centro Estatal da Lingua en Riga, que tras a nova publicada nos xornais argumentaron que era unha política lingüística de acordo á Constitución letoa, en recoñecemento da herdanza histórica e cultural e da preservación dunha lingua que no seu último censo databa en 250 residentes os que tiñan coñecemento parcial de livonio e só entre 20-30 persoas as que o podían falar con fluídez.[2]
Así mesmo existe un debate lingüístico sobre a forma do letón falada na cidade de Talsi. Anete Ozola, investigadora do Instituto para a Lingua Letoa da Universidade de Letonia (UL) explica que as variacións da lingua son propias a toda lingua, e que os cidadáns da vila non posúen un dialecto diferenciado.[3] Por outra banda, na cidade son visíbeis esculturas, como na imaxe a continuación, onde se pode ler formas con diferenzas notábeis ao letón. Para a conxugación do presente do verbo ser, ou estar "būt" o letón formal escribe "Es esmu" (Eu son) mais en Talsi a deviación conxúgase como "Es i".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "The name of the Talsi district is now also in the Libyan language; there will be such inscriptions in at least 14 coastal villages". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2023.
- ↑ "The young researcher writes about the Talsi dialect". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2023.