Morte digna
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Dereito a morrer" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Morte digna, morrer dignamente ou morrer con dignidade é un concepto ético amplo e, frecuentemente, controvertido, que se refire ao proceso do fin da vida evitando o sufrimento e mantendo o control e a autonomía.[1] En xeral, adóitase tratar como unha extensión do concepto de vida digna, no que as persoas conservan a súa dignidade e liberdade até o cesamento da súa existencia.[2]
Aínda que unha morte digna pode ser natural e sen ningún tipo de asistencia,[2] con frecuencia o concepto está asociado ao de dereito a morrer,[3] así como coa defensa da legalización de prácticas como a eutanasia, o suicidio asistido, a sedación terminal ou o rexeitamento de asistencia médica.[4] Segundo os seus defensores, a posibilidade deste tipo de prácticas sería o que garantiría unha morte digna, mantendo decisións libres até o último momento e podendo evitar unha agonía innecesaria.[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El derecho en los finales de la vida y el concepto de muerte digna". Apuntes de Bioética. 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "¿Qué es muerte digna?". Fundación Pro Derecho a Morir Dignamente. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ "La muerte digna como un derecho humano emergente". Revista DyCS Victoria. 2020.
- ↑ "Ética y muerte digna: propuesta de consenso sobre un uso correcto de las palabras". Revista de Calidad Asistencial. 2008.
- ↑ "Derecho a Morir Dignamente".