Monte Emlembe
O monte Emlembe é unha montaña que con 1.862 metros constitúe a maior elevación de Eswatini.
Situación
[editar | editar a fonte]O Emlembe está situado xusto na fronteira coa República Surafricana, no extremo noroeste do país, no distrito de Hhohho. Forma parte dos montes Ukhahlamba (o nome significa "a barreira"), unha cadea montañosa, de rochas graníticas, que se ergue no Alto Veld, a rexión máis montañosa do país, que corresponde aos contrafortes orientais dos Drakenberg, unha cordilleira que se estende desde a veciña Suráfrica. Desde esta zona, o relevo desenvólvese nunha serie de planaltos escalonados cada vez de menor altura cara ao leste.
A cidade máis próxima é Piggs Peak (no lado surafricano Barberton).
Contorno ambiental
[editar | editar a fonte]A zona do macizo do Emlembe é boscosa, pois o clima da zona, e en xeral de todo o Alto Veld de Eswatini, é de tipo subtropical, recibindo precipitacións por riba dos 1.000 mm anuais.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome Emlembe en lingua local significa "lugar da araña".