Microvariability and Oscillations of Stars
Aparencia
Microvariability and Oscillations of Stars / MOST | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | Axencia Espacial Canadense[1] |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 2003, 14:15 UTC[2][3][4] |
Foguete portador | Rokot[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[3][5] |
Obxectivo da misión | Observacións astrosismolóxicas.[3][5] |
NSSDC ID | 2003-031D |
Masa | 51 kg[1][3][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7201 km[2] |
Inclinación | 98,7 graos[2] |
Apoapse | 830,2 km[2] |
Periapse | 817,4 km[2] |
MOST, acrónimo de Microvariability and Oscillations of Stars, é un observatorio espacial da Axencia Espacial Canadense usado para facer medicións da variabilidade das estrelas. Foi lanzado o 30 de xuño de 2003 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Rokot.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]MOST ten forma de caixa de 65 x 65 x 30 cm e unha masa de 51 kg. Leva como único instrumento un telescopio reflector de 15 cm de apertura para estudar as variacións no brillo das estrelas causadas polas ondas de son na súa superficie e polo tránsito de posibles planetas.[1][3][4]
Os obxectivos científicos de MOST son:[1][2][3]
- Estudar a astrosismoloxía das oscilacións dos modos acústicos e gravitatorios en varios tipos de estrelas.
- Estudar os tránsitos e eclipses de exoplanetas arredor de estrelas de tipo solar e ananas roxas.
- Medir as variacións turbulentas en estrelas masivas e evolucionadas (estrelas Wolf Rayet).
- Medir a estrutura e variabilidade dos discos de gas e po arredor de estrelas da secuencia preprincipal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 16 March 2006 from the Permanent Mission of Canada to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-57629). 11 de outubro de 2006: 5. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Most" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de MOSTArquivado 08 de marzo de 2015 en Wayback Machine.