O Metro de Estocolmo (en sueco: Stockholms tunnelbana) é un sistema de transporte ferroviario urbano que da servizo á cidade de Estocolmo e a súa área metropolitana. É o único sistema de metro de Suecia e ten unha lonxitude de aproximadamente 110 quilómetros divididos en tres grupos: azul, vermello e verde, con cada grupo á súa vez subdividido en liñas. En total ten sete liñas e cen estacións, das cales 47 son subterráneas e 53 en superficie.