Mercyful Fate
Mercyful Fate | |
---|---|
King Diamond actuando con Mercyful Fate | |
Orixe | Copenhague, Dinamarca |
Período | 1981 - 1985 1992 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, black metal |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner, Metal Blade |
Membros | King Diamond Hank Shermann Sharlee D'Angelo Bjarne T. Holm Mike Wead |
Na rede | |
kingdiamondcoven.com | |
Mercyful Fate é unha banda danesa de heavy metal formada en 1981 en Copenhague polo vocalista King Diamond e o guitarrista Hank Shermann.[1][2] Influenciada polo rock progresivo e o hard rock, con letras que falan de Satanás e de ocultismo,[3][4] Mercyful Fate foi parte da primeira onda do black metal de principios a mediados dos anos 80. Moitas das bandas dese movemento influenciarían posteriormente aos músicos de black metal nos anos 90, particularmente en Noruega. Dende a aparición do grupo en 1981, Mercyful Fate publicou sete álbums de estudio, dous EPs e catro recompilatorios.
Despois de varios cambios de formación e demos autoeditadas, Mercyful Fate publicou o seu EP Merciful Fate en 1982, cunha formación composta por King Diamond (voces), Hank Shermann (guitarra), Michael Denner (guitarra), Timi Hansen (baixo) e Kim Ruzz (batería). Con esta formación o grupo gravou os seus primeiros dous álbums de estudio, Melissa (1983) e Don't Break the Oath (1984), e durou ata 1985, cando a banda separouse debido a diferenzas musicais. En 1993 catro dos cinco membros de Mercyful Fate reuníronse para gravar o álbum In the Shadows, que foi editado ese mesmo ano. Durante os anos 90 a banda lanzou catro álbums de estudio máis e pasou por varios cambios na formación. Dende 1999 Mercyful Fate está en hiato, aínda que se ten reunido varias veces na década dos 2000.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Melissa | 1983 | Roadrunner Records |
Don't Break the Oath | 1984 | Roadrunner Records |
In the Shadows | 1993 | Metal Blade Records |
Time | 1994 | Metal Blade Records |
Into the Unknown | 1996 | Metal Blade Records |
Dead Again | 1998 | Metal Blade Records |
9 | 1999 | Metal Blade Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ YouTube (ed.). "Entrevista a King Diamond en 1997". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Mercyful Fate en Allmusic". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Mercyful Fate - Melissa". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Mercyful Fate - Don't Break the Oath". Consultado o 28 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 11 de abril de 2019 en Wayback Machine.