Memoria histórica
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A memoria histórica é un concepto historiográfico que foi desenvolvido a partir de mediados do século XX, e cuxa formulación primeira é decote atribuída ao francés Pierre Nora, quen, a grandes trazos, viña a designar a memoria histórica coma o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado, sexa este real ou imaxinado, valorándoo e tratándoo con especial respecto.
En España, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) tenta recuperar restos e corpos silenciados pola ditadura.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Homenaxe aos fusilados no muro do cemiterio de Boisaca, Santiago de Compostela.
-
Placa en Pontevedra, homenaxe aos fusilados na Caeira.
-
Homenaxe aos represaliados polo franquismo en catro décadas de ditadura en Sada.
-
Monumento ás vítimas da represión franquista en Rianxo.
-
Placa aos concelleiros da II República represalidos de Sarria.
-
Homenaxe ás persoas fusiladas en Mos durante a guerra civil española.
-
Monólito aos asasinados na Guerra Civil na Cruz da Maceira, Marín.
-
Placa aos asasinados na Ponte do Barco, Pedre, Cerdedo-Cotobade.
-
Monumento aos asasinados na Volta da Moura, Guillarei.
-
Monumento aos asasinados en Teis.
-
Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15/9/1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de Marcial Araújo, Eugenio Arbones, Luís Bilbatúa, Segundo Echegaray, Adolfo Morgade, Abraham Muñoz e Inocencio Taboada. O pobo non esquece.[1]
-
Lugar da Memoria. Parque do Castro en Vigo.
-
Exhumacións en Ribadeo en 2023.