Saltar ao contido

Melolonthinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melolonthinae

Macho de Polyphylla alba (Melolonthini)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Melolonthinae
Leach, 1819
Tribos

ver #Sistemática (unhas 20–30 tribos)

Sinonimia

Hopliinae
Melolonthidae
Systellopodinae

Apareamento de Rhizotrogus marginipes (Melolonthini), o macho enriba. Nótese o dimorfismo sexual nas antenas

Melolonthinae é unha subfamilia de escaravellos da familia Scarabaeidae. É un grupo moi diverso; distribuído na maior parte do mundo, que contén 11.000 especies nuns 750 xéneros.[1] Algúns autores inclúen as subfamilias de escarabeidos Euchirinae e Pachypodinae como tribos de Melolonthinae.

A diferenza da maioría dos seus parentes, o seu hábito non é estraño. Lembran aos Rutelinae por ser bastante plesiomórficos na súa aparencia externa. Igual que moitos Scarabaeidae, os machos teñen grandes antenas dixitadas, mentres que as das femias son menores e algo nodosas. Nos Melolonthinae, este dimorfismo sexual é especialmente pronunciado. Moitas especies teñen tons rechamantes – aínda que raramente brillantes ou iridescentes – e padróns atrevidos de pelos.

Como son bastante apreciables e reúnense en gran número en certos momentos, por exemplo os Amphimallon, Phyllophaga e Polyphylla ou os Melolontha – todos eles da tribo Melolonthini – aparecen moito no folclore. Algúns Melolonthinae son pragas economicamente significativas. Ademais dos Melolonthini, outras tribos importantes son Ablaberini, Liparetrini, Macrodactylini, Tanyproctini e Sericini.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os Melolonthinae adultos teñen unha lonxitude entre 3 e 58 mm e adoitan ser de cor marrón ou negra. Algunhas especies son brillantes, mentres que moitas están cubertas de setas ou escamas. O clípeo, unha estrutura da cabeza situada sobre as pezas bucais, non está armada con dentes. Teñen dúas antenas, cada unha das cales ten 7-10 segmentos dos cales os últimos 3-7 segmentos son alongados e forman unha maza e as bases antenais están normalmente ocultas desde arriba. O escutelo está exposto na base dos élitros. As marxes dos élitros son estreitas en vez de fortemente curvadas. As patas acaban nun par de garras tarsais que adoitan ter dentes ou ser dobres.[2][3]

As larvas teñen forma de C e un corpo branco/crema e unha cabeza máis escura e ben esclerotizada. Poden distinguirse das doutros escarabeidos pola galea e lacinia que están ou ben parcialmente fusionadas proximalmente ou ben encaixan estreitamente entre si, as mandíbulas carecen de áreas estridulatorias, o segmento apical das antenas é aproximadamente tan ancho coma o penúltimo segmento e a fenda anal xeralmente ten forma de Y ou é angulada.[3][4][5]

Ciclo vital

[editar | editar a fonte]

O seu ciclo de vida ten catro etapas: ovo, larva, pupa e adulto, similar ao doutros escaravellos. Os ovos póñenos no chan, e no solo é onde se desenvolven os estadios larval e pupal. Os adultos viven sobre o chan. O estadio larvario é longo e pode durar ata dous anos, mentres que o estadio adulto é curto e só dura uns poucos días ou semanas.[4]

As larvas de Melonthinae aliméntanse de raíces de plantas e humus. Entre as plantas hóspede están as herbas, o trevo e a cana de azucre. Os adultos poden alimentarse (por exemplo Automolius, Diphucephala, Heteronyx, Liparetrus, Phyllotocus e Sericesthis) ou non facelo en absoluto (por exemplo Antitrogus e Rhopaea). Os adultos que se alimentan comen follas de árbores, como os eucaliptos ou flores ou pole.[4][5]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Os adultos son xeralmente crepusculares ou nocturnos, pero as especies que se alimentan de flores e pole adoitan ser diúrnos. A miúdo son atraídos pola luz.[4][5]

Nas especies que se alimentan, os adultos xúntanse nas árbores e isto axúdalles a atopar outros cos que aparearse. En especies que non se alimentan, as femias virxes emiten unha feromona sexual para que os machos as poidan encontrar.[4]

As larvas de Sericesthis spp. son pragas dos pasteiros, mentres que as larvas de Dermolepida albohirtum, Antitrogus e Lepidiota son pragas da cana de azucre.[4] Lepidiota stigma é unha praga da cana de azucre que tamén pode atacar o millo, sorgo e varias froitas.[3] Os adultos de Phyllophaga spp. poden por veces causar a defoliación completa de árbores deciduas.[5]

Sistemática

[editar | editar a fonte]
Phyllotocus sp. (Sericini)
Stethaspis sp. (Colymbomorphini)
Leucopholina en Laos, movendo a cabeza

De acordo con varios autores, os Melolonthinae actualmente vivos divídense nunhas 20-30 tribos. Velaquí algunhas tribos e xéneros notables:

Ademais, hai unha tribo prehistórica, os Cretomelolonthini, que se coñece só por fósiles.

Varios xéneros teñen relacións pouco claras e non están aínda situados firmemente nunha tribo:

"Anonetus" e "Tryssus", ambos os dous usados por Erichson en 1847, son nomina nuda. Holophylla e Hoplorida son de validez incerta.

  1. Cave, R.D. & Ratcliffe, B.C. (2008). Scarab beetles (Coleoptera: Scarabaeoidea). In J.F. Capinera (Ed.), Encyclopedia of Entomology (pp. 3273–3286. Heidelberg. Springer.
  2. "Subfamily Melolonthinae - May Beetles and Junebugs". bugguide.net. Consultado o 2023-01-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Melolonthinae". uk beetles (en inglés). Consultado o 2023-01-18. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Australian Faunal Directory". biodiversity.org.au (en inglés). Consultado o 2023-01-18. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Guide to New World Scarab Beetles-Scarabaeidae-Melolonthinae overview". unsm-ento.unl.edu. Consultado o 2023-01-18. 
  6. Ocampo, F.C., Vaz-de-Mello, F.Z. (2008) The genus Xenaclopus Arrow (Coleoptera: Scarabaeidae): redescription and removal from the Aclopinae, with systematic notes. Zootaxa, 1916: 57–62.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]