Maximino Magariños
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1869 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de marzo de 1927 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago |
Actividade | |
Ocupación | escultor, imaxineiro, ebanista |
Alumnos | José Mateo Larrauri |
Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927[1], foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego. Un dos tallistas máis importantes de finais do século XIX e comezos do XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Maximino Magariños tiña en Santiago de Compostela un obradoiro de imaxineiro, xurdido ao abeiro dasinatura do concordato entre a Igrexa católica e o Estado español en 1851 e da promulgación da Lei de 1860 pola cal a administración se comprometía a reconstruír igrexas. Maxinimo Magariños formouse coa axuda da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, acadando máis tarde unha bolsa coa que ampliou estudos en Madrid. Con influencias historicistas e tradicionais, a súa obra encádrase no estilo ecléctico do seu tempo. Os seus retablos relixiosos, tallados en nogueira, castiñeiro ou cedro, mesturan estilizacións prerrafaelistas con formulas barrocas. Traballou sobre todo na contorna compostelá, aínda que tamén ten obras de interese na zona de Vigo e Pontevedra. Realizou os retablos da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, a igrexa de Santiago de Vigo e a capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela.
-
Representación escultórica de Pedro Froilaz de Trava (c. 1075-1128). Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela.
-
Retablo en madeira de cedro de Maximino Magariños para a Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1924).
-
Talla en madeira do Santiago peregrino de Maximino Magariños. Museo de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maximino Magariños |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artista Galegos. Escultores. Séculos XVIII e XIV - Nova Galicia Edicións. 2004. ISBN 84-96293-43-2
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo 27. P. 133