Matraz erlenmeyer
O matraz erlenmeyer, tamén coñecido como erlenmeyer é un matraz con forma de cono truncado deseñado polo químico inglés Emil Erlenmeyer,[1] e un dos recipientes de vidro máis amplamente utilizados no traballo de laboratorio.
Función
[editar | editar a fonte]Emprégase para armar estruturas de destilación ou para provocar a reacción de substancias que precisan un longo período de quecemento; e tamén para conter líquidos que se queren conservar durante longos períodos de tempo, ou protexer da incidencia directa da luz solar.
Técnicas en que se usa
[editar | editar a fonte]Emprégase para realizar mesturas por axitación e para a evaporación controlada de líquidos, xa que a súa forma troncocónica evita en gran medida a perda do líquido; ademais ao dispor dun colo estreito é posible tapalo con rollas, sobre todo das de tipo esmerilado, ou con algodón hidrófobo.
Tamén se emprega no canto do clásico vaso de precipitados cando é preciso axitar constantemente un medio líquido (como ocorre nas titulacións) sen perigo de derramalo, ou cando se traballa con reaccións químicas violentas.
Serve tamén para quentar substancias a temperaturas altas aínda que non vigorosamente; para esta tarefa é máis acaído o matraz de destilación.
En microbioloxía emprégase para preparar caldos de cultivo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Erlenmeyer Flask: Function & Dimensions". Study.com. Consultado o 12/07/2017. (require rexistro (?)).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matraz erlenmeyer |