Martha Stewart
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Martha Helena Kostyra 3 de agosto de 1941 (83 anos) Jersey City, Estados Unidos de América |
Residencia | Austin Katonah (en) |
Educación | Barnard College (pt) Nutley High School (en) |
Cor dos ollos | Marrón claro |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Escritor de non ficción |
Ocupación | presentadora de televisión, modelo, xornalista, decoradora, empresaria, emprendedora, escritora, blogueira, produtora de televisión |
Empregador | Martha Stewart Living Omnimedia (en) |
Patrocinador | Kmart (pt) |
Participou en | |
Reto do balde de xeo | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Fillos | Alexis Stewart |
Parentes | Jimmy Kimmel, curmán |
Condenado por | obstrução da justiça (pt) (2004) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | marthastewart.com |
|
Martha Helen Kostyra, nada en Jersey City (Nova Jersey) o 3 de agosto de 1941,[1] é unha empresaria, escritora e presentadora de televisión estadounidense, máis coñecida como Martha Stewart, que formou un emporio co seu negocio de estilo de vida e cociña.
O orixinal sentido comercial e a visión creativa de Martha foron os fundamentos de Martha Stewart Living Omnimedia e o amplo cartafol multimedia que inclúe propiedades premiadas como o seu programa de televisión Martha Stewart Living, a revista Martha Stewart Weddings, o programa televisión de PBS Everyday Food, mercadorías de consumo masivo que se vende en Kmart e a súa liña de mobles Martha Stewart Signature que se comercializa a través de Bernhardt Furniture.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e mocidade
[editar | editar a fonte]Martha Stewart naceu en Jersey City, Nova Jersey, segunda dos seis fillos[2] de Edward Kostyra (1912–1979) e Martha Ruszkowski Kostyra (1914–2007), unha familia de clase media e de ascendencia polaca.[3][4][5] Criouse na súa cidade natal e inculcáronlle a ética do traballo duro. Volveuse experta no trato coas persoas, actitude que foi clave no seu éxito. A nai de Stewart ensinoulle a cociñar e a coser,[6] mentres que o pai, apaixonado da xardinaría, lle transmitiu todos os seus coñecementos e experiencia.[6]
Tamén destacou na escola. O seu interese pola lectura non evitou que fose activa en actividades extracurriculares, como o xornal escolar e o club de arte.[7] Durante este período comezou unha carreira como modelo. Foi contratada e apareceu en varios anuncios de televisión e revistas. Finalizou a secundaria coa máxima cualificación.
Matrimonio con Andrew Stewart
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 1961 casou con Andrew Stewart.[8][9] Martha abandonou temporalmente o Barnard College e continuou na súa carreira como modelo mentres o seu esposo remataba a licenciatura en leis na Universidade Yale.[10] Un anos despois regresou a Barnard e graduouse cun mestrado en historia e historia da arquitectura.[11][12] En 1965 naceu a súa filla, Alexis Stewart.
Martha comezou a desenvolver as súas habilidades nos negocios. En 1967, transformouse nunha corretora de bolsa. Tivo grande éxito, ata que deixou a profesión en 1973 para investir máis tempo na súa filla e remodelar o seu novo fogar en Connecticut. Suxeriuse que un escándalo coa compañía Levitz contribuíu a deixar a firma de Monnes, Horstman, Williams e Sidel. Varios directivos da compañía alegaron ter problemas por vender produtos da compañía Levitz.
Martha e o seu marido mudáronse a Westport, Connecticut, onde decidiron quedar e construír un fogar para a súa familia. Mercaron unha granxa de 1805 en Turkey Hill Road, que restauraron completamente eles mesmos, que despois se converteu no modelo para o escenario do programa de televisión Martha Stewart Living.[13] Durante o proxecto quedou clara a paixón de Martha por restaurar e decorar.
En 1976 Stewart iniciou un servizo de catering no soto da súa casa cunha amiga da universidade. O negocio axiña se fixo popular e cando a súa socia se queixou do perfeccionismo de Stewart, esta comprou todo o negocio. Abriu ademais, unha tenda onde vendía os seus kits de decoración do fogar. A partir de aí, os rumores sobre as súas habilidades e negocios estendéronse rapidamente. Pouco tempo despois, logrou un contrato publicitario para publicar un libro sobre catering. Foi coautora dun best seller, Entertaining,[14] xunto con Elizabeth Hawes.[15] O éxito da obra impulsouna a escribir Martha Stewart's Quick Cook (1983), Martha Stewart's Hors D'oeuvres (1984), Martha Stewart's Pies & Tarts (1985), Weddings (1987), The Wedding Planner (1988), Martha Stewart's Quick Cook Menus (1988), Martha Stewart's Christmas (1989), entre outros.
Martha e Andrew Stewart separáronse en 1987 e divorciáronse en 1990.[2][9] Posteriormente mantivo unha relación amorosa co millonario de orixe húngara Charles Simonyi, que rematou a principios de 2008.[16]
Problemas xudiciais
[editar | editar a fonte]No ano 2004 foi declarada culpable de conspiración, falso testemuño e obstrución á xustiza por empregar información privilexiada ao vender accións da empresa ImClone Systems. Cumpriu condena en prisión no Campo Prisión Federal Alderson, WV,[17][18] onde permaneceu durante meses realizando labores de limpeza. Stewart ten o número da Axencia Federal de Prisións 55170-054.[19]
Tras saír do cárcere en marzo de 2005, dedicou toda a súa atención en recuperar o seu imperio comercial e nos medios.[20] Stewart conduce o programa The Martha Stewart Show e protagonizou reality show The Apprentice: Martha Stewart. Ademais, o seu libro Everyday Food encabezou a listaxe de libros de autoaxuda máis vendidos de The New York Times.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martha Stewart Fast Facts". CNN. 10 de xuño de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Green, Michelle; Speidel, Maria; Frey, Jennifer; Daspin, Eileen; Eftimiades, Maria; Greissinger, Lisa Kay (2 de outubro de 1995). "The Best Revenge". People 45 (14). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2014.
- ↑ "Ancestry of Martha Stewart". www.wargs.com.
- ↑ Stated on Finding Your Roots with Henry Louis Gates, Jr., 6 de maio de 2012
- ↑ Smolenyak, Megan (8 de maio de 2012). "10 Things You Didn't Know About Martha Stewart's Family Tree". The Huffington Post. Consultado o 6 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Beck Paprocki, Sherry (2009). Martha Stewart: Lifestyle Entrepreneur. Infobase Publishing. pp. 17–18. ISBN 978-1-604-13083-6.
- ↑ Kerns, Ann (24 de outubro de 2006). Martha Stewart. Twenty-First Century Books. p. 19. ISBN 978-0-8225-6613-7. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ Kasindorf, Jeanie (28 de xaneiro de 1991). "Living with Martha". New York 24 (4): 23–30. ISSN 0028-7369. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 "EVERYWOMAN.COM" The New Yorker de Joan Didion, publicado de 21 de febreiro de 2000
- ↑ "Martha's Datebook". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2014.
- ↑ Breeden, Jake (16 de xaneiro de 2013). Tipping Sacred Cows: Kick the Bad Work Habits that Masquerade as Virtues. John Wiley & Sons. p. 159. ISBN 978-1-118-53190-7. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ Tyrnauer, Matt (31 de agosto de 2001). "Empire by Martha". Vanity Fair. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ Salzman, Avi (2 de xuño de 2006). "Martha Stewart Puts Farmhouse on Market". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "History of Entertaining". Martha Stewart Entertaining. 17 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ "referenced, Entertaining".
- ↑ "Bill Gates in Sweden for High Society Wedding," The Local, Sweden's News in English, 22 de novembro de 2008.
- ↑ "FPC Alderson Regulaciones de Visitas Arquivado 03 de setembro de 2021 en Wayback Machine.." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 6 de xaneiro de 2010.
- ↑ Meier, Barry. "Martha Stewart Assigned to Prison in West Virginia." The New York Times. 30 de setembro de 2004. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Martha Stewart Arquivado 20 de outubro de 2013 en Wayback Machine.." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
- ↑ Brady, Diane (5 de novembro de 2006). "The Reinvention Of Martha Stewart". Businessweek. Consultado o 5 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martha Stewart |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mariana Pasternak's 'The Best of Friends'". Good Morning America. ABC News. 16 de marzo de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
- Pasternak, Mariana (2010). The Best of Friends: Martha and Me. New York: HarperCollins. ISBN 978-0-06-166127-3.
- Sellers, Patricia (14 de novembro de 2005). "Remodeling Martha". Fortune (CNN). Consultado o 29 de outubro de 2010.
- Stabile, Carol A. (17 de febreiro de 2007) [2004]. "Getting what she deserved: the news media, Martha Stewart, and masculine domination". Feminist Media Studies 4 (3): 315–332. doi:10.1080/1468077042000309964.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados no condado de Hudson, Nova Jersey
- Nados en 1941
- Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América
- Personalidades da empresa dos Estados Unidos de América
- Modelos femininas dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Estadounidenses de ascendencia polaca