Manuel Moldes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1949 Pontevedra, España |
Morte | 3 de decembro de 2017 (68 anos) Pontevedra, España |
Outros nomes | Manolo Moldes |
Educación | ETS de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Empregador | Grupo Atlántica |
Membro de | |
Xénero artístico | surrealismo, cubismo, maxicismo |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Díaz Cacheda (May). |
Fillos | dous |
Manuel Rodríguez Moldes (Manolo Moldes), nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1949, e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 2017[1], foi un pintor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha referencia inescusable e das máis solitarias. A súa obra comezou na década de 1970, en Madrid, participando na renovación impulsada dende Galicia. Nos anos oitenta as súas obras mostraban unha práctica desgarradora e visións atormentadas que xiran ó redor dunha estabilidade onde se percebe as influencias de Pablo Picasso e Ingres.
Na segunda metade da década de 1980 propuxo unha ollada densa e ordenadora do ámbito galego, da súa paisaxe, arquitectura, xentes, materias... en cadros cada vez máis físicos.
En 1995 pasou a ser mestre de debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega de Belas Artes.[2]
Teñen obra súa, entre outras institucións, o Centro Galego de Arte Contemporánea[3], o Museo Municipal Quiñones de León[4], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, a Colección Afundación[5] e a Fundación María José Jove.[6]
Opinións sobre a súa figura artística
[editar | editar a fonte]David Barro, ao comentar a súa exposición "Vieiros de Luz", en 1999, dicía que Manuel Moldes seguía "o seu particular eterno retorno a unha sinuosidad barroca e pintura gestual, que o relacionan con mestres do expresionismo abstracto como Pollock"[7].
O artista Guillermo Aymerich cualificou a Manolo Moldes como "Un mago da forma, da luz, un alquimista da cor e da materia". O seu papel como docente na facultade de Belas Artes de Pontevedra deixa unha gran pegada no humano e o artístico en moitos dos seus alumnos entre os que se contan , Jorge Perianes, Suso Fandiño, Tamara Feijoo ou Rubén Ramos Balsa.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Ouro da XXI Bienal de Pontevedra en 1990, cun premio de cinco millóns de pesetas.[5]
- Gran Premio de Honra do I Salón de Outono da Real Academia Galega de Belas Artes.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Díaz Cacheda e foi pai de Manoel e Iria Rodríguez Díaz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López, Belén: "Morre o pintor pontevedrés Manuel Moldes", Diario de Pontevedra, 3/12/2017.
- ↑ Listado histórico de académicos numerarios
- ↑ "Centro Galego de Arte Contemporánea". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ "Pinacoteca galega contemporánea" Museo Quiñones de León.
- ↑ 5,0 5,1 Manuel Moldes na Colección Afundación.
- ↑ Colección de arte Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine. da Fundación María José Jove (en castelán).
- ↑ ""¡Que viva Manolo Moldes!"". 05/12/2017. Consultado o 13/10/20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rodríguez Moldes, Manuel (Manolo Moldes)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada (1981). Plástica Gallega. p. 72. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3.
- Fernández Cid, Miguel (1992). Pintores e escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia (ed. trilingüe).
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 294-295. ISBN 84-95364-15-8.
- "Rodríguez Moldes, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 53. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 73-74. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rodríguez Moldes, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 192.
- "Rodríguez Moldes, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 508. ISBN 84-7680-288-9.
- Enciclopedia Temática de Galicia. Arte (en castelán) 5 (4ª ed.). Barcelona: Nauta. 1990. ISBN 84-278-1210-8.
- "Moldes, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.