Mandragora (xénero)
Mandrágoras (xénero Mandragora) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
M autumnalis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto |
Mandragora é un xénero pertencente á subfamilia Solanoideae, incluída na familia das solanáceas (Solanaceae). Comprende 18 especies nativas de Eurasia.[1] Antigamente utilizábana con fins curativos. Hoxe en día serve como especia de cociña (se está curada) ou como estupefaciente (se non está curada). É moi propia en países onde as temperaturas son moi elevadas, como en Asia e África onde aínda se utiliza con fins curativos. É o único xénero da tribo Mandragoreae.
A especie máis común é a mandrágora[2] Mandragora officinarum, unha planta herbácea de raíz grosa e napiforme, follas ovais e enteiras, en roseta, e flores pedunculadas e campaniformes, de cor amarela verdosa; crece na rexión mediterránea. Ten propiedades narcóticas e desde a antigüidade atribúenselle propiedades máxicas.
Especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mandrágora". www.theplantlist.org. Consultado o 2022-04-04.
- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mandragora |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mandragora |