Saltar ao contido

Macmillan Publishers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macmillan Publishers
Logo
Tipoeditorial e editorial académica
Data de fundación1843
Fundador(es)Daniel Macmillan e Alexander MacMillan
Organización matrizHoltzbrinck Publishing Group
Organización subsidiariaSt. Martin's Press, Palgrave Macmillan, Flatiron Books e Tor Publishing Group
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
https://us.macmillan.com
Facebook: MacmillanUSA Twitter: MacmillanUSA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Macmillan Publishers Ltd, tamén coñecida como The Macmillan Group, é unha editorial británica e unha das cinco grandes editoriais en inglés.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

Fundada en Londres en 1843 polos irmáns Daniel e Alexander MacMillan, orixinarios da illa de Arran en Escocia, comezaron publicando obras de autores como Charles Kingsley, Thomas Hughes, Christina Rossetti, Matthew Arnold, Lewis Carroll, Alfred Tennyson, Thomas Hardy e Rudyard Kipling.[1][2] Axiña se tornaron líderes de vendas en Gran Bretaña. Outros escritores importantes publicados a finais do XIX e principios do XX por Macmillan incluíron a W. B. Yeats, Rabindranath Tagore, Nirad C. Chaudhuri, Seán O'Casey, Charles Morgan, Hugh Walpole, Margaret Mitchell, C. P. Snow, Rumer Godden, Ram Sharan Sharma e John Maynard Keynes.

Ademais da literatura, a compañía creou títulos como a revista Nature (1869), o Grove Dictionary of Music and Musicians (1877) e o Dicionario de economía política de Sir Robert Harry Inglis Palgrave (1894).

Este logotipo apareceu na biografía de Leslie Stephen de Alexander Pope, publicada por Macmillan & Co en Londres en 1880

George Edward Brett abriu a primeira oficina de Macmillan nos Estados Unidos en 1869 (en Nova York) e Macmillan vendeu a súa oficina de operacións para a familia Brett en 1896, o que resultou na creación dunha empresa estadounidense tamén chamada Macmillan Company.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Aínda coa escisión da compañía estadounidense da súa empresa matriz en Inglaterra, George Brett, Jr. e o neto de Daniel Macmillan, Harold, seguían sendo amigos persoais íntimos. Macmillan Publishers volveu entrar no mercado estadounidense en 1954 baixo o nome de St. Martin's Press.

Macmillan do Canadá foi fundada en 1905; Maclean-Hunter adquiriu a compañía en 1973. Despois de numerosas fusións, Macmillan Canada disolveuse en 2002 despois de que John Wiley & Co. a adquirise.

O primeiro ministro do Reino Unido de 1957 a 1963, Harold Macmillan, era neto de Daniel, cofundador da editorial xunto ao seu irmán Alexander, e despois da súa xubilación da política en 1964 ocupou o cargo de presidente da empresa,[3] exercendo até a súa morte en decembro de 1986.[4] Estivo na empresa familiar como socio de 1920 a 1940 (cando chegou a ser ministro subalterno) e de 1945 a 1951, mentres estivo na oposición no Parlamento.

O alemán Holtzbrinck Publishing Group comprou a empresa en 1999.[5]

Século XXI

[editar | editar a fonte]
Cabina da conferencia 2008

Pearson adquiriu o nome Macmillan en América en 1998, tras a compra do grupo educativo e profesional Simon & Schuster (que incluía varias propiedades de Macmillan).[5] Holtzbrinck mercoullo en 2001.[6] McGraw-Hill segue a comercializar o seu material escolar a través de títulos de escola primaria baixo a súa marca Macmillan/McGraw-Hill. As operacións estadounidenses de Holtzbrinck Publishing cambiaron o seu nome a Macmillan en outubro de 2007.[5][7] O seu selo de publicación de son cambiou o seu nome de Audio Renaissance a Macmillan Audio, mentres que o seu brazo de distribución foi renomeado de Von Holtzbrinck Publishers Services a Macmillan Publishers Services.[5]

  1. (en inglés) «Where we have come from.» Web oficial. Consultado o 7 de marzo de 2015.
  2. "About: Macmillan Publishers". dbpedia.org (en portugués, inglés, catalán, castelán, e italiano). Consultado o 2022-07-20. 
  3. "BBC - History - Historic Figures: Harold Macmillan (1894 - 1986)". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-07-20. 
  4. "Historic figures; Harold Macmillan (1894–1986)". www.bbc.co.uk BBC (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Milliot, Jim; Publishers Weekly (9 de outubro de 2007). "Holtzbrinck's U.S. Arm Now Macmillan". Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  6. Librería, Miscellaneous; Allbusiness.com
  7. "News Briefs: Macmillan Rebrands Higher Education Division". Publishers Weekly. 30 de decembro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]