Saltar ao contido

Máis alá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Máis alá
Tipoprograma de televisión Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aManuel Rivas Editar o valor en Wikidata
Presentador/aManuel Rivas Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo16 de maio de 1986 Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 1986-1987 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt1669425 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.

A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.