Saltar ao contido

Lourinhanosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lourinhanosaurus

Esqueleto reconstruído de L. antunesi no Museo da Lourinhã.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
(sen clasif.): incertae sedis
Xénero: Lourinhanosaurus
Mateus, 1998
Especie: L. antunesi
Nome binomial
'Lourinhanosaurus antunesi'
Mateus, 1998

O Lourinhanosaurus (lagarto de Lourinhã) é un xénero de dinosauro terópodo carnívoro que viviu durante o Xurásico Superior. Os seus primeiros rexistros atopáronse en Peralta, próximo a Lourinhã (Portugal) en 1982, mais non foi descrito ata 1998[1], polo paleontólogo português Octávio Mateus.

O xénero ten unha única especie descrita ata o momento, o Lourinhanosaurus antunesi, nomeado en honra do paleontólogo português Miguel Telles Antunes.

O Lourinhanosaurus é un terópodo carnívoro, e non debe confundirse co saurópodo herbívoro Lourinhasaurus, de nome moi parecido e atopado tamén en Portugal.

O espécime encontrado en Peralta (ML 370) consiste nun esqueleto parcial, composto por seis vértebras cervicais con seis costelas, cinco vértebras sacras coas costelas, catorce vértebras caudais, oito chevróns, os dous fémures, a tíbia e a fíbula dereita, un metatarso, dous ilios, e o isquio e pube incompletos, xunto con 32 gastrólitos.

En Porto das Barcas encontrouse un fémur (ML 555), pertencente a outro individuo da mesma especie.

Ademais deses restos, encontráronse en 1993 na praia de Paimogo cerca de 100 ovos (ML 565) , algúns dos cales contiñan ósos de embrións de dinosauro, asignados á especie L. antunesi anos máis tarde.

Tanto o holotipo coma os demais rexistros, están conservados no museo da Lourinhã.

Paleobioloxía

[editar | editar a fonte]

O L. antunesi foi un grande dinosauro carnívoro. O espécime atopado era era un adolescente, que medía uns 4,5 metros de longo e pesaba uns 160 kg. Un adulto alcanzaríaa os 8 metros, aos 10 anos de idade.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

A relación filoxenética do Lourinhanosaurus é controvertida debido á parcialidade do esqueleto (principalmente pola falta das partes diagnósticas da pube), e por non haber consenso entre os especialistas. Inicialmente foi situado entre os Allosauroidea, e máis tarde aproximárono á familia Sinraptoridae. Recentemente, algúns investigadores pensan que o L. antunesi non é un alosauroideo, senón membro dos Megalosauroidea, un grupo máis primitivo de téropodos tetanuros. Benson et al. (2010) consideran que esta especie, xunto co Poekilopleuron, pertence aos Sinraptoridae. Carrano et al. (2012) prefiren clasificalo como Coelurosauria.[2]

  1. Mateus, O. (1998). Lourinhanosaurus antunesi, a new upper Jurassic allosauroid (Dinosauria: Theropoda) from Lourinhã, Portugal. Memórias da Academia de Ciências de Lisboa, 37, 111-124.
  2. Benson, Roger B. J.; Carrano, Matthew T. & Brusatte, Stephen L. (2010-01). "A new clade of archaic large-bodied predatory dinosaurs (Theropoda: Allosauroidea) that survived to the latest Mesozoic". Naturwissenschaften (en inglés) 97 (1): 71–78. Bibcode:2010NW.....97...71B. ISSN 0028-1042. PMID 19826771. doi:10.1007/s00114-009-0614-x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]