Lou Gehrig
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1903 Manhattan, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de xuño de 1941 (37 anos) Riverdale, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | esclerose lateral amiotrófica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemitério Kensico (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Columbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Deporte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | beisbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 15 de xuño de 1923 - 30 de abril de 1939 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | béisbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Baseball | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Primeira-base (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Eleanor Gehrig | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | lougehrig.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Henry Louis "Lou" Gehrig, nado en Nova York o 19 de xuño de 1903 e finado na mesma cidade o 2 de xuño de 1941, foi un xogador de béisbol estadounidense. É coñecido principalmente pola marca de 2130 xogos consecutivos xogados, que se mantivo por 56 anos, e o seu tráxico final debido á esclerose lateral amiotrófica, coñecida en Norteamérica como "enfermidade de Lou Gehrig".[1] Con todo, á parte destes datos a figura de Gehrig carrexa unha impecable carreira como bateador de poder, ser considerado o mellor primeira base da historia, ser o xogador máis votado na elección do mellor xogador do século XX, o sexto mellor segundo a revista Sporting News e pola súa personalidade simple de home de familia que se gañou a estima dos fans dos New York Yankees.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Gehrig foi fillo de pais humildes inmigrantes alemáns. Ambos estaban afectados de enfermidades, pois o seu pai sufría de epilepsia e a súa nai de debilidade pulmonar. O tesón da súa proxenitora levouno a conseguir en 1921 unha bolsa para o seu fillo, para estudar arquitectura e xogar ao fútbol americano na Universidade de Columbia. Con todo, foi xogando ao béisbol cando Lou Gehring deu mostras da súa habilidade, ao lograr números relevantes como bateador.
Primeiros anos cos Yankees
[editar | editar a fonte]Foi así como logrou xerar o interese dos Yankees e, apenas a catro días do seus vixésimo aniversario, debutou nas Grandes Ligas como bateador emerxente o 15 de xuño de 1923. O equipo chegou á Serie Mundial mais Gehrig non foi incluído no roster. En 1925 os seus números incrementáronse a un respectable 0,295 de media de bateo, 20 home runs e 68 RBI. Precisamente, o 31 de maio dese ano, comezou o seu memorable refacho de xogos consecutivos.
A súa primeira boa tempada foi en 1926. Alcanzou unha media de 0,313 (a primeira de 12 anos consecutivos en que bateou por riba de 0,300), 47 dobres e 20 triplos, 16 cuadrangulares, e 112 carreiras impulsadas. En 1926 alcanzou a Serie Mundial xunto aos Yankees contra os St. Louis Cardinals. Bateou para 0,348, pero St. Louis levou o título.
Anos de apoxeo
[editar | editar a fonte]1927 foi o ano memorable dos Yankees; de feito, moitos o consideran o mellor equipo na historia da franquía. Gehrig, xunto a Babe Ruth, establecéronse como unha das parellas de bateadores máis temidas de todos os tempos; os seus propios números foron por demais impoñentes: 0,373 de bateo, 218 hits, 52 dobres, 20 triplos, 47 cuadrangulares e 174 RBI. De paso obtivo o recoñecemento de "Xogador Máis Valioso", pero non alcanzou a opacar a luminaria de Babe Ruth e a súa marca de 60 cuadrangulares, e a do equipo en xeral, que levou a Serie Mundial en catro xogos fronte a Pittsburgh Pirates. O equipo repetiu o campionato no ano seguinte. Ambos os bateadores empataron en números de carreiras impulsadas con 142.
A carreira de Gehrig nunca alcanzou o protagonismo de Ruth. Este era o home espectáculo e o das historias amenas tanto dentro como fora do campo. Emporiso, en 1932 os Yankees lograron un novo título e ese ano Gehrig bateou catro cuadrangulares nun só xogo. Nese tempo a súa figura crecía en tanto que a de Ruth diminuía; a relación entre eles deteriorouse cando nun feito confuso houbo un mal comentario (versións contrapostas apuntan que foi a nai de Gehrig sobre a filla de Ruth, outros de Ruth cara á nai de Lou). Ambos deixaron de falarse e non o fixeron até a despedida de Gehrig. As súas fazañas, con todo, non paraban. En 1934 logrou a Tripla Coroa: primeiro lugar en bateo (0,363), carreiras impulsadas (165) e cuadrangulares (49). Ademais logrou o seu home run número 300 e chegou ao seu xogo consecutivo número 1500.
Para os Yankees, o ano 1936 trouxo a chegada dunha nova estrela: Joe DiMaggio. Novamente Gehrig estivo opacado por outro xogador acaparador da atención pública, pero formou outra parella temible no bateo como o fixo co Bambino. Esa tempada logrou o seu segundo título de máis cuadrangulares e conseguiu o maior número de carreiras anotadas. Os Yankees lograron unha Serie Mundial máis, das catro que conseguiron de maneira consecutiva a partir dese ano; e Gehrig logrou outro recoñecemento de "Xogador máis valioso".
Enfermidade
[editar | editar a fonte]En 1938 os seus números decaeron: por primeira vez en 12 tempadas bateou debaixo de 0,300 e acumulou 114 carreiras impulsadas (en 12 anos era a segunda vez que o facía por baixo de 150). Ao final dese ano a súa forza diminuíra considerablemente; el mesmo díxolle á súa esposa que a forza nas súas pernas se reducira dende que cumprira trinta anos. Nunha visita ao médico fóronlle diagnosticados problemas na vesícula. O ano 1939 os fans dos Yankees viron un Lou Gehrig irrecoñecible, pois participou apenas en oito xogos, cunha porcentaxe de 0,143 de bateo e onde, ademais, corría as bases con dificultade. Mesmo, tras unha xogada rutineira, o lanzador e os seus compañeiros felicitárono polo esforzo realizado. Isto marcou definitivamente o seu retiro do béisbol das ligas maiores.
O 19 de xuño, na Clínica Mayo, foille confirmada a súa enfermidade: esclerose lateral amiotrófica (ELA), unha enfermidade por entón aínda pouco coñecida, que lle diminuiría as capacidades físicas. Déronlle un expectativa de vida de tres anos, que non chegou a cumprir. Esta enfermidade nos libros de medicina estadounidenses é coñecida como a "enfermidade de Lou Gehrig".
A homenaxe no Yankee Stadium
[editar | editar a fonte]O 4 de xullo de 1939 a súa institución rendeulle homenaxe: o seu número, o 4, foi retirado (a primeira vez na historia que se fixo isto), outorgáronselle placas e trofeos, e estiveron presentes os seus compañeiros da tempada de 1927. Cando todos empezaban a marchar, Gehrig tomou por sorpresa o micrófono e dixo estas famosas palabras: "Considérome o home máis afortunado sobre a face da terra". O discurso completo é considerado un dos fitos máis emotivos na historia do deporte dos Estados Unidos. O público do Yankee Stadium conmoveuse por completo, e Babe Ruth achegóuselle e abrazouno, finalizando a súa fría relación. Ese mesmo ano, ingresou no Salón da Fama do Béisbol.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Posteriormente dedicouse, xunto ao alcalde de Nova York, a realizar labores sociais en favor de mozos con problemas, ata que o avance da enfermidade o prostrou, morrendo o 2 de xuño de 1941. Os seus restos repousan no cemiterio Kensico da cidade de Valhalla (condado de Winchester, estado de Nova York), xunto aos da súa esposa,[2] que o sobreviviu até 1984.[3] Non tiveron fillos.
Familia
[editar | editar a fonte]Eleanor Grace Twitdell Gerhing, foi a esposa de Lou Gerhing. Orixinaria de Chicago, proviña dunha familia acomodada e coñeceu a estrela dos Yankees nun xogo no Comiskey Park cando se enfrontaban aos Chicago White Sox. Casaron despois dun cortexo a distancia, nos anos en que Lou Gerhing e Babe Ruth eran os heroes en home runs que deron o campionato aos Yankees e aparecían na flor e nata dos deportes e da vida social na cidade de Nova York. Cando Gerhing faleceu o 2 de xuño de 1941, a Eleanor Gerhing nunca máis casou e viviu no seu apartamento do lado leste de Manhattan durante preto de corenta anos. Era visitada frecuentemente polo boxeador Jack Dempsey que era o seu veciño e asistía regularmente ao Yankee Stadium acompañando a señora de Babe Ruth. A enfermidade do seu esposo e os seus nove anos de matrimonio descríbense nun libro e en dous filmes, sendo o máis famoso Pride of the Yankees con Teresa Wright e Gary Cooper como a famosa parella.
Fin ao refacho de 2130 partidos do Cabalo de Ferro
[editar | editar a fonte]O 2 de maio, na casa dos Detroit Tigers, Gehrig, como capitán do equipo, presentou o roster, no cal non estaba incluído. O locutor do estadio dixo as seguintes palabras: "Damas e cabaleiros, esta é a primeira vez en 2130 partidos consecutivos que o nome de Lou Gehrig non aparecerá na aliñación". Os afeccionados brindáronlle entón unha ovación. Por esta marca que durou 56 anos, foi coñecido como "o Cabalo de Ferro". Moitos anos despois esta marca foi rota por Cal Ripken, Jr., torpedeiro dos Baltimore Orioles, que xogou 2632 partidos consecutivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amyotrophic Lateral Sclerosis (ALS)". Muscular Dystrophy Association (MDA). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 16 de abril de 2008.
- ↑ Eleanor T. Gehrig
- ↑ Find a Grave
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lou Gehrig |