Saltar ao contido

Loris Karius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLoris Karius

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Loris Sven Karius Editar o valor en Wikidata
22 de xuño de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Biberach an der Riß, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso87 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1 de decembro de 2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
pádel Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League e Fußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2011 Manchester City 4(0)
2011–2013 1. FSV Mainz 05 II 27(0)
2012–2016 1. FSV Mayence 05 91(0)
2016–2022 Liverpool F.C. 29(0)
2018–2020 cesión Beşiktaş JK 55(0)
2020–2021 cesión 1. FC Union Berlin 4(0)
2022–2024   Newcastle United 1(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Alemaña sub-16 3(0)
2009–2009   Alemaña sub-17 1(0)
2011–2011   Alemaña sub-18 1(0)
2011–2011   Alemaña sub-19 1(0)
2012–2012   Alemaña sub-20 1(0)
2014–2014   Alemaña sub-21 1(0)
Familia
ParellaSophia Thomalla (2019–2021) Editar o valor en Wikidata

Twitter: LorisKarius UEFA: 250014327 Editar o valor en Wikidata

Loris Sven Karius,[1] nado en Biberach an der Riss, Alemaña o 22 de xuño de 1993, é un futbolista alemán que xoga como porteiro. O seu club dende 2018 é o Beşiktaş JK, onde xoga cedido polo Liverpool FC da Premier League.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Karius comezou a xogar ó fútbol na SG Mettenberg e uniuse en 2001 ás categorías inferiores do SSV Ulm 1846 Fußball. En xullo de 2005 trasladouse á canteira do VfB Stuttgart. En xullo de 2009 saíu da Sub-17 de VfB e trasladouse a Inglaterra para a Sub-18 do Manchester City Football Club.

Karius xogou o seu primeiro partido con reserva do Manchester City, contra a reserva do Wigan Athletic, o 13 de abril de 2010.

En agosto de 2011 Loris foi cedido polo 1. FSV Mainz 05. o 22 de xaneiro de 2012 Karius foi nomeado por primeira vez no partido do xuvenil, contra o Bayer 04 Leverkusen, pero non entrou ó campo de xogo.

Na tempada 2012/13 foi segundo porteiro despois da perda por lesión de Heinz Müller, detrás de Christian Wetklo. Despois da expulsión de Wetklo o 1 de decembro de 2012, no partido contra o Hannover 96 (2-1) Karius entrou dende o banco no minuto 52 e debutou na portaría do primeiro equipo do Mainz. Nos anos seguintes foi o porteiro titular.

O contrato de Loris con Mainz 05 estendeuse até 2018.

Liverpool F.C.

[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 2016, foi presentado como novo reforzo para a portaría do Liverpool Football Club. Foi titular no equipo que xogou a final da Champions League 2018 celebrada en Kíiv, onde encaixou 3 goles na derrota do Liverpool contra o Real Madrid.[2]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O seu debut na selección nacional sub-16 o 16 de setembro nun partido amigable contra Bélxica (5-0). Xogou ademais outros dous partidos. Coa selección sub-17 Karius participou no Torneo de Catro Nacións en 2009, onde xogou contra Serbia (1-0).

Dende entón, Loris xogou partidos nas seleccións sub-18, sub-19 e sub-20.

  1. Premier League, ed. (1 de setembro de 2017). "Squads for 2017/18 Premier League confirmed". Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  2. Ian Doyle (27 de maio de 2018). Liverpool Echo, ed. "Liverpool will stand by Loris Karius despite Champions League horror show". Consultado o 27 de maio de 2018.