Saltar ao contido

Lockheed C-5 Galaxy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed C-5 Galaxy
Tipotransporte estratéxico
FabricanteLockheed
Primeiro voo30 de xuño de 1968
Introducidoxuño de 1970
Estadoen servizo
Principais usuariosUSAF
Unidades construídas131

O Lockheed C-5 Galaxy é un grande avión de transporte militar fabricado por Lockheed. Proporciónalle á Forza Aérea dos Estados Unidos unha capacidade de transporte pesado de alcance intercontinental, permitíndolle levar cargas de gran tamaño. O Galaxy ten moitas semalanzas co seu predecesor C-141 Starlifter, e o posterior C-17 Globemaster. O C-5 is among the largest military aircraft in the world.

O C-5 Galaxy tivo un desenvolvemento complicado; houbo sobrecustos significativos e Lockheed tivo randes problemas financeiros. Pouco despois de entrar en servizo, foron descubertas fracturas nas ás en moitos avións e a capacidade da frota de C-5 viuse limitada ata que os erros foron corrixidos. O C-5M Super Galaxy é unha versión mellorada con novos motores e aviónica modernizada deseñados para estender a súa vida útil máis alá do ano 2040.

O C-5 Galaxy leva operando coa USAF dende 1969. En todo este tempo usouse para apoiar as operacións militares dos Estados Unidos en todos os grandes conflitos incluídos Vietnam, Iraq, Iugoslavia e Afganistán; ademais de apioar aos seus aliados, como a Israel durante a Guerra do Yom Kippur e á OTAN nas operacións da Guerra do Golfo. O C-5 tamén foi usado para distribuír axuda humanitaria e en catástrofes naturais, e apoiando ao programa do transbordador espacial dirixido pola NASA.