Liu Xie
Nome orixinal | (zh-hant) 劉勰 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 460 (Gregoriano) ![]() Jingkou District, República Popular da China (en) ![]() ![]() |
Morte | 522 (Gregoriano) ![]() |
Relixión | Budismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Book of Liang (en) ![]() ![]() |
Liu Xie (chinés tradicional: 劉勰; chinés simplificado: 刘勰; pinyin: Liú Xié; Wade-Giles: Liu2 Hsieh2), nome de cortesía Yanhe 彦和, nado arredor do 465 e finado cara ao 522, foi un monxe budista, político e escritor chinés.[1] Escribiu unha das poéticas chinesas máis importantes, o Wenxin diaolong 文心雕龍 ("O corazón da literatura e o cicelado de dragóns"). A súa biografía foi incluída no Liangshu 梁書 ("Libro de Liang").
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Liu Xie naceu na actual Zhenjiang, aínda que a súa familia procede de Shandong.[2] Quedou orfo na súa mocidade, e decidiu non casar, sexa por pobreza ou por convicción. Estudou budismo con Sengyou, contribuíndo á edición dos sutras no mosteiro de Dinglin até o falecemento do mestre.[2] Foi durante esta etapa que redactou o Wenxin diaolong.[2]
Máis adiante sería secretario de Xiao Hong, irmán do emperador Xiao Yan dos Liang.[2] Tamén se encargou da loxística dunha unidade militar, e logo foi ascendido a maxistrado do condado de Tiamo (actual Longyou, provincia de Zhejiang).[2] Posteriormente, traballou como secretario dos fillos do emperador até que foi enviado de volta ao mosteiro.[2] Ao rematar a edición dos sutras, decidiu permanecer no templo.[2]
Liu Xie tamén escribiu o Hong ming ji 弘明集 ("A gran iluminación") e o Shijie ji 世界集 ("Sobre o mundo"), ambas perdidas.[2] Foi autor dun ensaio titulado Mie huo lun 滅惑論 ("Tratado sobre a refutación das falsidades").[2]
Experimentos
[editar | editar a fonte]Liu Xie realizou unha serie de experimentos psicolóxicos nos que pediu aos seus estudantes que debuxaran un círculo cunha man, mentres coa outra facían un cadrado.[3] O obxectivo desta proba era medir o nivel de distracción que os suxeitos podían xestionar.[3] Segundo as súas observacións, a meirande parte dos participantes tiveron problemas para realizar as dúas tarefas simultaneamente.[3] Trátase dun dos primeiros experimentos psicolóxicos da historia.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sun, Cecile Chu-chin (2011-01-15). The Poetics of Repetition in English and Chinese Lyric Poetry (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-78022-1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Zhao, Heping (1990-01-01). ""Wen Xin Diao Long": An early Chinese rhetoric of written discourse". Theses and Dissertations Available from ProQuest: 1–252.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Zhang, Houcan; Luo, Fang (2020-12-17). "The Development of Psychological and Educational Measurement in China". Chinese/English Journal of Educational Measurement and Evaluation - 教育测量与评估双语期刊 1 (1). ISSN 2837-0899. doi:10.59863/BUAI8988.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Liu Xie (Proxecto Gutenberg)
- Liu Xie (La literatura china traducida en España)