Lingua lusitana
Lusitano | ||
---|---|---|
Falado en: | Lusitania | |
Rexións: | Beira Alta, Beira Baixa e Alto Alentejo en Portugal. Estremadura e parte da Salamanca en España. | |
Extinción: | século II | |
Familia: | Indoeuropea Itálica (?)[1][2] Para-céltica (?)[3][4] Lusitano | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xls
| |
Mapa | ||
Status | ||
O lusitano[5] é unha lingua paleohispánica da familia indoeuropea, coñecida por unhas cinco inscricións e abundantes antropónimos, topónimos e teónimos, e falada no territorio da antiga Lusitania romana ata algún momento dos primeiros séculos da nosa era.
A Lusitania histórica, é dicir, o territorio habitado polos pobos lusitanos estenderíase polo centro-sur do Texo e parte da actual Estremadura.
Historia
[editar | editar a fonte]É de supoñer que, ao igual que todos os demais pobos indoeuropeos, os lusitanos entraron na península nalgún momento anterior ao s. II a.C, pudendo ser mesmo anterior á expansión celta do século VIII - VII antes da nosa era e cunha data probable no século VI antes da nosa era. Algúns autores considéranos provenientes dos Alpes e outros en cambio prefiren consideralos un pobo autóctono.
A Lusitania foi conquistada por Roma cara ao -150. Ao igual que as demais linguas peninsulares, o lusitano finalmente sucumbiu á presión e o prestixio do latín.
Relación con outras linguas
[editar | editar a fonte]Como xa se mencionou, trátase dunha lingua indoeuropea, pero a súa filiación exacta segue a ser discutida.
- Unha primeira teoría relaciona a lingua coa póla céltica. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese athir / orc (irlandés) e pater / porcum (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos do latín.
- Unha segunda teoría, defendida por Francisco Villar Liébana, Rosa Pedrero e Blanca María Prósper, pona en relación coas linguas itálicas. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (Consus latín / Cossue lusitano, Seia latín / Segia lusitano, Iovia marrucino / Iovea(i) lusitano) e outro léxico (gomia umbro / comaiam lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.
- Finalmente Schmoll propuxo que o lusitano constitúe unha rama propia da familia indoeuropea, que chama galego-lusitano.
Non existen textos de suficiente lonxitude como para decidir o tema nunha ou outra dirección.
Extensión xeográfica
[editar | editar a fonte]As inscricións atopáronse en Arroyo de la Luz (España), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal), Lamas de Moledo (Viseu, Portugal) e Arronches (Portalegre, Portugal). Se se ten en conta tamén a información dada polos diferentes teónimos, antropónimos e topónimos, a extensión corresponde ao nordeste do moderno Portugal e zonas adxacentes de España, con centro na Serra da Estrela.
Existen sospeitas fundadas de que a zona dos pobos galaicos, ástures e quizais os vetóns, é dicir, todo o noroeste peninsular, falarían linguas emparentadas co lusitano.
Textos
[editar | editar a fonte]Coñécense só cinco inscricións lusitanas moi tardías inscritas sobre pedra todas en alfabeto latino. Anteriormente ao período romano non existira unha epigrafía lusitana propia. As dúas principais inscricións foron en territorio portugués en Lamas de Moledo, Cabeço das Fraguas, a terceira inscrición procede de Arroyo de la Luz (España). Recentemente, atopouse unha nova inscrición en Ribeira da Venda, ao norte da vila de Arronches (distrito de Portalegre, Alto Alentejo), en Portugal.[6]
A continuación os textos coñecidos:
Lamas de Moledo: | Arronches: |
RUFUS ET |
[- - - - - - - -] XX • OILAM • ERBAM |
Cabeço das Fraguas: | Posible interpretación |
OILAM TREBOPALA |
[sacrifícase] unha ovella para Trebopala |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Prósper, Blanca Maria; Villar, Francisco (2009). "NUEVA INSCRIPCIÓN LUSITANA PROCEDENTE DE PORTALEGRE". EMERITA, Revista de Lingüística y Filología Clásica (EM). LXXVII (1): 1–32. Consultado o 11 de xuño de 2012.
- ↑ Villar, Francisco (2000). Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania Prerromana (en castelán) (1st ed.). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-968-X. Consultado o 22 de setembro de 2014.
- ↑ Kruta, Venceslas (1991). The Celts. Thames and Hudson. pp. 55.
- ↑ Stifter, David (2006). Sengoídelc (Old Irish for Beginners). Syracuse University Press. pp. 3, 7. ISBN 0-8156-3072-7.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lusitano.
- ↑ Carneiro, André; D'Encarnação, José; De Oliveira, Jorge; Teixeira, Claudia (2008). "Uma inscrição votiva em língua lusitana" (PDF). Palaeohispanica (PDF). Institución Fernando el Católico (Excma. Diputación de Zaragoza). 8.
- ↑ A. Tovar. "L'inscription du Cabeço dans Fraguas et la langue des Lusitanians" Études Celtiques XI 1966 - 1967. p. 238 ss.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prósper, Blanca María, Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica, Salamanca, 2002, ISBN 84-7800-818-7
- Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1 (págs. 235-274), Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.