Lingua dothraki
Lingua dothraki Lekh Dothraki | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ˈd̪ɤ.θɾa.ki] | |
Creado por: | David J. Peterson, George R. R. Martin | 2009 |
Emprego e uso: | A Song of Ice and Fire (1996– ) Game of Thrones (2011– ) | |
Total de falantes: | ||
Categoria (propósito): | Lingua artificial Linguas ficticias Lingua dothraki | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua dothraki é unha lingua ficticia das novelas de fantasía de George R. R. Martin, A Song of Ice and Fire e a súa adaptación á serie de televisión Game of Thrones. É falada polo pobo ficticio dothraki, os habitantes nómades do mar dothraki. A lingua foi desenvolvida para a serie de televisión polo lingüista David J. Peterson,[1] a partir de palabras e frases dothrakis presentes nas novelas de Martin.
En setembro de 2011, a lingua abranguía 3163 verbas,[2] que daquela aínda non foran feitas públicas. En 2012, 146 nenas acabadas de nacer nos Estados Unidos foi chamadas "Khaleesi", o termo dothraki para a muller dun khal ou gobernante, que é o título adoptado na serie pola personaxe de Daenerys Targaryen.[3] O dothraki e o valyrio foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times Upfront, ed. (30 de xaneiro de 2012). "Do you speak Dothraki?".
- ↑ "The Header Script". Dothraki.com. 21 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 3 de outubro de 2011.
- ↑ Wattenberg, Laura (22 de maio de 2013). "The Ultimate 'Game of Thrones' Baby Name". Huffington Post. Consultado o 22 de maio de 2013.
- ↑ The Economist (ed.). "The complex linguistic universe of “Game of Thrones”". Consultado o 4 de agosto de 2017.