Lina Khan
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1989 (35 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Universidade Yale Mamaroneck High School (en) Universidade de Oxford Williams College (pt) Yale Law School (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Direito da concorrência (pt) |
Ocupación | avogada, académica do dereito |
Empregador | Open Markets Institute (en) , general counsel (en) Federal Trade Commission (en) , presidenta New America (en) Columbia Law School (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | linamkhan.com |
Lina M. Khan, nada en Londres en 1989, é unha xurista estadounidense especializada en dereito antimonopolio e da competencia nos Estados Unidos. É profesora asociada de Dereito na Columbia Law School. O 22 de marzo de 2021, o presidente Joe Biden anunciou que a nomeaba para ser comisionada da Comisión Federal de Comercio, un cargo que require a confirmación do Senado.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lina Khan de pais paquistanís, trasladouse con eles aos Estados Unidos cando tiña 11 anos. Graduouse no Williams College en 2010, onde escribiu a súa tese sobre Hannah Arendt. Tamén foi editora do xornal estudantil de Williams. Despois de graduarse, foi traballar á New America Foundation, onde realizou investigacións antimonopolio e escribiu para o Programa de Mercados Abertos. En 2017 licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito de Yale, onde foi editora da revista Yale Journal on Regulation.[4]
O paradoxo antimonopolio de Amazon
[editar | editar a fonte]Sendo aínda estudante de Dereito na Universidade Yale, converteuse nunha figura pública en 2017 cando o seu artigo no Yale Law Journal, "Amazon's Antitrust Paradox", tivo un impacto significativo nos círculos xurídicos e empresariais estadounidenses. O New York Times describiuno como "unha reformulación de décadas de dereito dos monopolios".[4]
Dende o seu posto como directora da Comisión Federal de Comercio dos EE.UU. defende os intereses das persoas consumidoras e loita contra o monopolio das tecnolóxicas.[5] [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biden to nominate tech antitrust pioneer Lina Khan for FTC commissioner" (en inglés). 22 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "President Biden Announces his Intent to Nominate Lina Khan for Commissioner of the Federal Trade Commission". 22 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Esta genio de Yale es la única persona en el mundo que sabe cómo derrotar a Amazon". www.elconfidencial.com (en castelán). 2021-03-22. Consultado o 2021-03-27.
- ↑ 4,0 4,1 "Amazon’s Antitrust Antagonist Has a Breakthrough Idea" (en inglés). 7 de setembro de 2018. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de setembro de 2018.
- ↑ Llaneza, Paloma (2023-03-06). "Lina Khan, la piedra en el zapato de las tecnológicas". El País (en castelán). Consultado o 2023-10-14.
- ↑ Seisdedos, Iker (2023-10-14). "Lina Khan, la abogada milenial a la que llaman “radical” por enfrentarse a Amazon". El País (en castelán). Consultado o 2023-10-14.