Leonor de Trinacria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1325 Paternò, Italia |
Morte | 1375 (Gregoriano) (49/50 anos) Lleida |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Poblet |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | German military brothels in World War II (en) Sicilia |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1349–1375) Condesa |
Familia | Casa de Barcelona |
Cónxuxe | Pedro IV de Aragón (1349 (Gregoriano)–) |
Fillos | Xoán I de Aragón, Martiño I de Aragón, Leonor de Aragón e de Sicilia |
Pais | Pedro II da Sicília e Isabel da Caríntia |
Irmáns | Eufêmia da Sicília Branca da Sicília Constança da Sicília Beatriz da Sicília Luís da Sicília Frederico III de Sicilia |
Leonor de Sicilia, tamén coñecida como Leonor de Trinacria, nada en 1325 en Paternò, preto de Catania, Reino da Sicilia Insular, ou de Trinacria, e finada en Lleida, Reino de Aragón, o 20 de abril de 1375, foi unha princesa siciliana que foi raíña consorte de Coroa de Aragón desde 1349 a 1375.
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Leonor era a terceira das fillas do rei de Trinacria (Reino da Sicilia Insular), Pedro II,[1] cuarto rei da dinastía aragonesa, e de Isabel de Carintia, filla de Otón III de Tirol e de Eufemia de Slesia-Liegnitz.[2][3]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Cando Pedro III o Grande casou con Constanza II de Sicilia, herdeira legal do rei de Sicilia Manfredo I, este Reino converteuse nun dos principais intereses do rei aragonés, aducindo que alegaba os dereitos da súa esposa ao trono do reino insular.
Cando Pedro III se dispoñía a facer valer o poder da súa frota no Mediterráneo, os sicilianos rebeláronse contra os Anjou (entre outras causas debido ás cargas impositivas que soportaban) nos sucesos coñecidos como as vésperas sicilianas.
A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomía política respecto a Nápoles e conseguiu expulsar á dinastía anxevina.
Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da súa esposa e, segregándose de Reino de Nápoles, entregáronlle a Pedro III o reino de Sicilia (coñecido desde entón como Reino da Sicilia insular, ou de Trinacria.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tanto Leonor como as súas irmás, fillas como eran dun rei da dinastía aragonesa, favoreceron aos partidarios da Coroa de Aragón da illa de Sicilia, integrado por nobres de ascendencia catalá, que estaban enfrontados co resto da nobreza siciliana, que era proanxevina.
Leonor viviu a segunda fase das vésperas sicilianas e, en virtude de acordos diplomáticos, casou o 27 de agosto de 1349, en Valencia, con Pedro IV, rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña e Córsega, do que foi a súa terceira esposa, coa condición de que renunciara a todos os seus eventuais dereitos sobre a Coroa siciliana.
Conseguiu que o seu irmán, Federico III de Sicilia, casara con Constanza, filla máis vella do seu esposo.
En 1357 Federico transmitiulle os dereitos sucesorios do Reino de Sicilia, e tamén os dereitos sobre os ducados de Atenas e de Neopatria que, porén, non foron incorporados á Coroa de Aragón até 1380.
Leonor, muller de carácter moi forte e afeita ao mando,[5] apoiou politicamente ao seu esposo, ao que acompañou na expedición a Sardeña (1354-1355).
Ademais foi inimiga, entre outros, do vello conselleiro do seu marido, Bernaldo de Cabrera.[6] Aproveitando o descontento xeral producido pola duración da guerra dos dous Pedros, e ante a ausencia do rei, interveu de forma decisiva na caída en desgraza e execución do conselleiro en 1364.
Residiu no Palacio Menor de Barcelona, construído para ela.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Co seu marido Pedro IV de Aragón tivo tres fillos:[7][8]
- Xoán, que sucedeu ao seu pai como rei de Aragón, reinando como Xoán I desde 1387 até 1396.
- Martiño, que sucedeu ao anterior como rei de Aragón de 1396 a 1410, reinando co nome de Martiño I, e que tamén foi rei de Sicilia desde 1409 a 1410, reinando como Martiño II, á morte do seu fillo o rei Martiño o Mozo.
- Leonor de Aragón, que foi esposa do rei Xoán I de Castela.
Morte e sepultura
[editar | editar a fonte]Leonor faleceu en Lleida, Reino de Aragón o 20 de abril de 1375 , e os seus restos foron levados ao Mosteiro de Poblet, onde recibiron sepultura.[9]
Predecesor: Leonor de Portugal |
Raíña consorte da Coroa de Aragón 1349 - 1375 |
Sucesor: Sibila de Fortià |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedro II de Sicilia era fillo do rei de Sicilia Frederico III de Aragón e de Leonor de Anjou.
- ↑ Reis de Sicilia (en inglés).
- ↑ Casa de Barcelona (Sicilia) - genealogy Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ García de Cortázar, J. Á. e Sesma Muñoz, J. Á. (2003): Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa 3ª ed. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-8690-5, pp. 408–409.
- ↑ Elena Romero, edit. (2002): Judaismo hispano. Vol.2 Madrid: Junta de Castila y León / Diputación Provincial de Burgos / The Rich Foundation / CSIC. ISBN 84-0008-081-5, pp. 540 e ss.
- ↑ VV. AA. (1981): Historia General de España y América. Tomo V. Los Trastámara y la unidad española Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Madrid: Ediciones Rialp, S. A. ISBN 84-3212-1000-2, p. 292.
- ↑ Reis de Aragón en Medievals Lands (en inglés).
- ↑ Casa de Barcelona - genealogy Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés).
- ↑ Finestroy de Monsalvo, Jaime (1756): Historia de el Real Monasterio de Poblet, ilustrada... Tomo II. Cervera: Imprenta de la Pontificia y Real Universidad, p. 150.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leonor de Trinacria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sobrequés i Callicó, Jaume e Mercè Morales i Montoya (2011): Contes, reis, comtesses i reines de Catalunya. Barcelona: Editorial Base, col. Base Històrica nº 75. ISBN 978-84-1526-724-9, pp. 134–135