Lannion
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Côtes-d'Armor | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.344 (2021) (463,31 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921534 Q3551039 | ||||
Superficie | 43,91 km² | ||||
Altitude | 107 m-0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Lannion (en) | Paul Le Bihan (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lannion.bzh | ||||
Lannion (en bretón Lannuon) é unha cidade da Bretaña, situada no departamento de Côtes-d'Armor.
Situación
[editar | editar a fonte]Lannion é unha cidade ponte sobre o río Léguer. A proximidade da desembocadura propicia subidas do seu nivel de varios metros, en función das mareas, no centro da cidade. Esta característica permitiu o establecemento dun vado en tempos remotos á altura da ponte de Kermaria, punto onde deixa de se facer notar a influencia das mareas. Esta particularidade foi aproveitada para a construción, en 1992, dun estadio de augas vivas maremotor; unha presa permite reter a auga traída pola marea alta e soltala nun percorrido artificial durante a marea descendente.
Lannion está situada a:
- 35 km de Guingamp
- 38 km de Morlaix
- 69 km de Saint-Brieuc
- 94 km de Brest
- 120 km de Quimper
- 166 km de Rennes
- 212 km de Fougères
- 515 km de París.
Historia
[editar | editar a fonte]Os numerosos megálitos da zona son testemuña da súa antigüidade, ademais de achados de sílex, machados e pedras pertencentes a épocas prehistóricas. Preto de Lannion a mámoa da Motta garda xoias de metais preciosos.
A presenza dos galos varios séculos antes do comezo da era cristiá queda testemuñada coa aparición de moedas e restos de cerámica. O promontorio do Yaudet, no estuario do Léguer, servía á vez de defensa militar e de etapa para os navíos comerciais; no lugar encontráronse moedas fenicias.
Na Idade Media, a construción dun castelo permitía defenderse dunha vía de penetración fácil para os invasores pola existencia do río.
A primeira presa de 190 m. de longa, utilizada como trampa para peixes, foi construída en Servel. Formouse con postes unidos por entramados de madeira, con plataformas triangulares ancorando a estrutura na area e servindo tamén como rompente. Foi construída entre 613 e 615. Ao baixar a marea, os peixes quedaban atrapadaos nun estanque.
Economía
[editar | editar a fonte]En 1960, a implantación do Centro Nacional de Estudo das Telecomunicacións imprime unha forte orientación á industria da cidade. Outras empresas de altas tecnoloxía seguen o seu paso. Isto permitiu a apertura dun IUT (Instituto Universitario de Tecnoloxía) e dunha escola de enxeñeiros en 1986. Lannion reagrupa unha parte importante das actividades de investigación en telecomunicación en Francia.
Lannion tamén é o concello onde o cable submarino «APOLLO undersea south cable» americano chega a Francia. O sitio está considerado como de importancia estratéxica e vital para os Estados Unidos, segundo un documento secreto difundido nas revelacións de telegramas da diplomacia americana por Wikileaks. O cable submarino WASACE Norte que une Francia aos Estados Unidos, que entrou en servizo en 2014 tamén sae de Lannion.
Cidades irmanadas
[editar | editar a fonte]Monumentos históricos
[editar | editar a fonte]- Igrexa Saint-Jean-du-Baly de Lannion, cunha torre de 1519 e a bóveda da nave restarurada en 2003
- Capela do colexio Saint-Joseph, construída de 1935 a 1938 por James Bouillé, Xavier de Langlais, Charles Kerambrun, Jules Charles Le Bozec… na filiación dos Seiz Breur
- Igrexa de Brélévenez, cunha escaleira de 142 banzos que leva ata a parte baixa da cidade
- Capela Saint Roch, séculos XV-XVI
- Convento das Ursulinas
- Mosteiro Sainte-Anne transformado parcialmente a finais de 2006 en mediateca
- As casas con vigas de madeira vista
- Castelo do Cruguil, século XV
- Castelo de Kérivon
- Pazo de Langonaval, século XV
- Pazo de Kerprigent
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lannion |