Laguardia
Guardia (eu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Áraba | ||||
Cuadrillas | Cuadrilla de Laguardia-Rioja Alavesa | ||||
Capital | Laguardia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.472 (2023) (18,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 81,08 km² | ||||
Altitude | 62 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1168 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Manuel Amezaga Cuende | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01300, 01308, 01309 e 01321 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 01031 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | laguardia.eus |
Laguardia (en éuscaro: Guardia) é un municipio situado no sur da provincia de Álava, a 64 km da capital Vitoria, que pertence á comunidade autónoma do País Vasco. Está situado na comarca da Rioxa Arabesa.
Áchase nun cotarelo e está rodeada por unha muralla que mandou levantar o rei Sancho o Forte de Navarra. Aínda se conservan cinco portas de acceso á cidade. Os seus nomes son: Mercadal, Carnicerías, Páganos, San Juan, e Santa Engracia. As súas rúas e recunchos conservan un gran sabor medieval. A súa economía está baseada na industria do viño, con elaboración propia e numerosas adegas.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media recibiu nomes como Leguarda, Gardia, Guardia, Guoardia, Lagarde, Lagardia e Laguoardia até que chegou ao actual Laguardia.
Existe certa controversia sobre o nome éuscaro da localidade. A finais do século XIX estendeuse a crenza de que antes da concesión da carta de vila en 1164, a poboación de Laguardia chamábase Biasteri. Moitos viron en Biasteri un topónimo de orixe éuscara e utilizouse até datas recentes como nome en éuscaro da localidade, mais nos últimos anos do século XX filólogos e historiadores chegaron á conclusión de que Biasteri fora o nome antigo da veciña localidade de Viñaspre, non de Laguardia e que polo tanto non cabía realizar dita asociación. Na actualidade a Euskaltzaindia considera que o nome correcto en éuscaro da localidade é Guardia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laguardia |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |