Lago de Morat
Tipo | lago area not part of a municipality of Switzerland (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Murten (pt) | ||||
Parte de | Q693912 | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Suíza | ||||
División administrativa | Cantón de Friburgo, Suíza e Vaud, Suíza | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Efluente do lago | Broye (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca do Rin | ||||
Características | |||||
Altitude | 429 m | ||||
Profundidade | 45 m | ||||
Dimensións | 2,8 () × 9,9 () km | ||||
Superficie | 22,8 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 693 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 550 hm³ | ||||
O lago Murten (alemán: Murtensee; francés: Lac de Morat) é un lago de Suíza situado entre os cantóns de Friburgo e Vaud, ao pé do Mont Vully. É o máis pequeno dos lagos de Seeland ou País dos Tres Lagos, con 22,8 km². Debe o seu nome á cidade de Murten, situado na súa beira oriental.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O principal afluente do lago é o Canal de la Broye, que achega un 63% do total que recibe o lago. O lago de Murten está unido co Lago de Neuchâtel pola canle de Broye. Serve, xunto co Lago de Neuchâtel, de encoro de compensación para as augas do Aar que se desaugan no Lago de Biena. En efecto, se o nível deste último subise demasiado, o desbordamento podería pararse ou até ir no sentido inverso .
O lago ten unha lonxitude de 8,2 quilómetros e unha anchura máxima de 2,8 quilómetros. A profundidade máxima é de 45 metros. O lago ten un volume de auga 0,55 km ³ e a auga permanece en teoría 1,6 ano no lago.
Actividades
[editar | editar a fonte]No momento de Exposición Nacional Suíza 2002, o lago acolleu, a 200 metros do porto de Murten-Morat, o Monólito do artista Jean Nouvel. Medía 34 metros de alto e foi desmontado de novo despois da exposición nacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: o Lago Murten |
- Dicionario Histórico de Suíza
- Niveis de auga do Lago Murten Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine.