Lae
- Para o atol das illas Marshall vexa : Atol Lae
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Papúa Nova Guinea | |||
Provincias | Morobe | |||
District of Papua New Guinea (en) | Lae District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 100.677 (2012) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 8 m | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Lae (tamén coñecida como Laé ou Lahe)[1] é unha cidade de Papúa Nova Guinea. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, Port Moresby. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da provincia de Morobe.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade naceu a causa da febre do ouro producida entre 1920 e 1930. Ao igual que numerosas cidades de Papúa Nova Guinea, xurdiu nas proximidades dun aeródromo, o cal agora non se usa ao construírse o Lae Nadzab Airport.
En xullo de 1937, Lae saltou á escena mundial debido á desaparición da aviadora americana Amelia Earhart, a cal foi vista por última vez engalando aquí no seu camiño de volta aos Estados Unidos.[2]
Cando se deron unha serie de erupcións volcánicas en Rabaul en 1937, tomouse a decisión de trasladar a capital do Territorio de Nova Guinea a Lae.[3]
A segunda guerra mundial tamén afectou á cidade e, en 1942, esta foi ocupada polo Imperio do Xapón. Lae, Rabaul e Salamaua convertéronse nas principais bases xaponesas en Nova Guinea.[3] A mediados de 1943, despois das derrotas na campaña Kokoda Track, a Batalla de Buna-Gona e a Batalla de Wau, os xaponeses foron obrigados a retirarse de Lae, que foi eventualmente ocupada polos australianos.[3] Mais a campaña de Salamaua-Lae durou varias, semanas con feroces combates, antes de que a cidade caese en mans aliadas, o 16 de setembro.
Despois da segunda guerra mundial, a cidade de Lae desenvolveuse en base a plantacións de café e té e a construción dun porto. Máis tarde, melloráronse as estradas e a autoestrada Highlands Highway entrou en funcionamento. Durante o auxe mineiro da década de 1980 e 1990, aumentou a importancia de Lae como centro económico.[3]
En 1991, Lae e Port Moresby foron sede dos Xogos do Pacífico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Lae está situada no Golfo de Huon (mar de Salomón), na desembocadura do río Markham. Ten unha temperatura máxima de 31 °C e unha mínima de 22 °C, cunhas precipitacións medias de 4630 mm.[4]
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Media maior (°C) | 31 | 31 | 30 | 30 | 29 | 28 | 27 | 27 | 28 | 29 | 30 | 30 | 29 |
Media menor (°C) | 23 | 23 | 23 | 23 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 23 | 23 | 22 |
Precipitacións (mm) | 280 | 230 | 320 | 400 | 410 | 420 | 520 | 520 | 430 | 400 | 320 | 330 | 4630 |
Demografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Lae é a segunda máis importante de Papúa Nova Guinea. A evolución demográfica de Lae nos últimos anos é negativa.[1]
Evolución da poboación de: Lae desde 1980 ata 2008
| |||
1980 | 1990 | 2000 | 2008
|
61 682 | 80 655 | 78 038 | 73 918 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "World Gazetteer: Lae". World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Amelia Earhart" (en castelán). Biografíasyvidas.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 www.encyclopedia.com (ed.). "Papua New Guinea" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Weathernase: Historical Weather for Lae, Papua New Guinea" (en inglés). Weatherbase.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lae |