Saltar ao contido

La serva padrona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La serva padrona
A criada padroa
Primeiro programa da ópera.
FormaIntermezzo
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGennaro di Federico
Estrea5 de setembro[1] de 1733
Teatro da estreaTeatro San Bartolomeo
Lugar da estreaNápoles
Duración1 hora[2]
Música
CompositorGiovanni Battista Pergolesi
Personaxes

Uberto (baixo bufo)
Serpina (soprano lírica)
Vespone (actor)

La serva padrona (en galego A criada padroa) é unha ópera bufa en dous actos con música de Giovanni Battista Pergolesi e libreto en italiano de Gennaro Antonio Federico, a partir da obra de teatro de Jacopo Angello Nelli. A ópera dura só uns 45 minutos e foi representada orixinalmente como un intermezzo na ópera seria de Pergolesi Il prigioniero superbo (O orgulloso prisioneiro). Ámbalas dúas foron estreadas no Teatro San Bartolomeo de Nápoles, o 5 de setembro de 1733. O mesmo libreto foi posteriormente musicado por Giovanni Paisiello. O renome internacional de Pergolesi debeuse ao éxito obtido por La serva padrona na súa representación en París en 1752, que fixo estoupar a famosa Querelle des Bouffons.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea,[3]
5 de setembro de 1733
Uberto, un home vello baixo bufo Gioacchino Corrado
Serpina, súa doncella soprano Laura Monti
Vespone, seu sirviente actor mudo
  1. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 76–77. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  3. "Almanacco 5 de septiembre de 1733" (en italiano). AmadeusOnline. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.