Kwacha zambiano
Kwacha zambiano | |
---|---|
Zambian kwacha (en inglés) | |
Código: | ZMK |
Ámbito: | Zambia |
Símbolo: | ZK |
Fracción: | 100 ngwee |
Billetes: | 20, 50, 100, 500, 1.000, 5.000, 10.000, 20.000 e 50.000 kwacha |
Emisor: | Bank of Zambia |
Taxa de troco: 08-02-2011 | 1 EUR = 6542,1567 ZMK 1 USD = 4800 ZMK |
O kwacha ou kwacha zambiano (en inglés: Zambian kwacha) é a moeda oficia de Zambia e é emitida polo Bank of Zambia (Banco de Zambia). O seu código ISO 4217 é ZMK e o seu símbolo é ZK para diferencialo do kwacha de Malawi. Subdivídese en 100 ngwee.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da moeda deriva da palabra das linguas chewa e bemba para "alborada", aludindo ao eslogan nacionalista zambiano para unha nova alborada de liberdade. A palabra ngwee significa "brillante" en chewa.
Historia
[editar | editar a fonte]O kwacha comezou a emitirse en 1968 para substituír a libra zambiana a razón de 2 kwacha por cada libra. En decembro do 2008. A moeda sufriu unha forte inflación. En 1968 un kwacha valía 1.2 dólares estadounidenses, mais o seu valor no 2006 con respecto ao dólar estadounidense era dun dólar por cada 4800 kwacha.
No 2003 Zambia foi o primeiro estado de África en introducir os billetes de polímero, concretamente os billetes de 500 e 1000 kwacha.
A principios do 2009 o kwacha zambiano era a oitava moeda de valor máis baixo do mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Banco de Zambia Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)