Kosmos 49
Kosmos 49 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre / demostrador tecnolóxico. |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 24 de outubro de 1964, 5:16 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Proba de sistemas de orientación eléctricos no espazo e estudo da magnetosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 21 de agosto de 1965[1] |
NSSDC ID | 1964-069A |
Masa | 400 kg[2][5] |
Kosmos 49 (Космос 49 en ruso), tamén denominado DS-MG N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de outubro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 49 foi o segundo e último satélite da serie DS-MG. Foi inxectado nunha órbita inicial de 271 km de apoxeo e 215 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,3 graos e un período de 91,9 minutos.[3][5]
O satélite pesaba 400 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas eléctricos de orientación no espazo e facer medicións da magnetosfera terrestre[2][5]. Xunto co outro satélite da serie DS-MG, Kosmos 26, Kosmos 49 supuxo a contribución da Unión Soviética ó Estudo Magnético Mundial correspondente ó programa internacional IQSY (International Quiet Sun Year)[2]. Reentrou na atmosfera o 21 de agosto de 1965.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 49" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 49" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 12 November 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-25159): 2. 19 de novembro de 1964. A/AC.105/INF.083. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-MG" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-MG" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012.