Kosmos 327
Aparencia
Kosmos 327 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 18 de marzo de 1970, 14:39 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2] |
Decaemento | 19 de xaneiro de 1971[1] |
NSSDC ID | 1970-020A |
Masa | 400 kg[2][6] |
Kosmos 327 (Космос 327 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 8, foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de marzo de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 327 foi o oitavo membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 855 km de apoxeo e 279 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 95,7 minutos.[3][6]
Kosmos 327 reentrou na atmosfera o 19 de xaneiro de 1971.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 327" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 327" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 3 April 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (70-10796). 14 de maio de 1970: 3. A/AC.105/INF.219. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ "Ha sido lanzado al espacio el «Cosmos 327". LA VANGUARDIA ESPAÑOLA: 17. 20 de marzo de 1970. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1-I (11F620)" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-P1-I" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2012.