Saltar ao contido

Kortatu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kortatu
Kortatu en concerto, Fermin á esquerda e Iñigo á dereita.
OrixeIrún, País Vasco País Vasco
Período1984 - 1988
Xénero(s)Ska
Punk
Rock
Selo(s) discográfico(s)Soñua, Oihuka, Nola!, Esan Ozenki
MembrosFermin Muguruza
Iñigo Muguruza
Treku Armendariz
Antigos membrosKaki Arkarazo
Na rede
http://www.kortatu.net/
Youtube: UCp7lzL1PuqTCx_QstPXpP5g BNE: XX179717 Badok: kortatu Spotify: 2bSQxEqvD23Y4W6ztHaann iTunes: 188259781 Last fm: Kortatu Musicbrainz: 74241690-77b4-4ce7-8237-9f71a14f50b7 Discogs: 660574 Allmusic: mn0000094295 Musikasten: kortatu Deezer: 4329 Editar o valor en Wikidata

Kortatu foi un grupo musical vasco fundado en 1984 en Irún, Guipúscoa.

Formaron parte do denominado rock radikal vasco e foron os primeiros en introducir ritmos como o o ska ou o dub no Estado español,[1] sempre cunha base punk de fondo. Unha das súas influencias principais foi o grupo británico The Clash.

As letras dos seus primeiros traballos alternaban entre o español e o éuscaro, aínda que acabarían adoptando exclusivamente este último no seu último disco de estudio. Simpatizantes declarados do independentismo vasco de esquerdas, toman o seu nome dun antigo "mugalari" morto a mans da Garda Civil e dedican a súa canción «Sarri, Sarri» á fuga do preso de ETA Joseba Sarrionandia da cadea de Martutene.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kortatu xorde en 1984. O grupo fórmano os irmáns Fermin (guitarra e voz) e Iñigo Muguruza (Baixo e coros), e Treku Armendariz (batería) despois de que os Muguruza asistisen a un concerto de The Clash en Donostia.[2]

A súa primeira demo incluía temas como «Mierda de Ciudad» (adaptación do tema «Drinkin and Driving» de The Business), «El último ska» ou «Hay algo aquí que va mal» (adaptación de «Doesn´t make it allright» de The Specials). A súa popularidade comezou no final dese ano, cando entraron en estudio e gravaron os tres temas que aparecerían no chamado «Disco dos catro» (Soñua, 1985), xunto a Cicatriz, Jotakie e Kontuz-Hi!. Os temas foron «Nicaragua Sandinista», «Mierda de ciudad» e «El último ska de Manolo Rastamán».

Durante 1985 fixeron unha xira por todo o País Vasco, actuando en numerosos concertos e festivais multitudinarios. Ademais comezaron a saír do circuíto vasco, tocando en Madrid e Barcelona. O 31 de maio tocaron na cadea de Martutene xunto a Barricada. Meses máis tarde (o 7 de xullo), Joseba Sarrionandia e Iñaki Pikabea fuxían desa prisión agochados nun altofalante tras un concerto de Imanol Larzabal. Barricada e Kortatu foron acusados (aínda que nunca chegaron a ser denunciados) de preparar a fuga dos dous presos, polo que lles prohibiron volver a tocar en ningunha prisión a partir de entón.[3] Máis tarde, comporían «Sarri, Sarri», celebrando a fuxida dos presos.

A mediados de ano volveron aos estudios Tsunami en Donostia, onde gravaron o seu primeiro LP: Kortatu (Soñua, 1985). Para a meirande parte das cancións empregaron o español, excepto nos temas «Sarri, Sarri» e «Zu atrapatu arte», que se cantaron en éuscaro. Ademais aparecía «Jimmi Jazz», unha adaptación da canción de The Clash. O disco levounos a compartir éxito con outras bandas vascas do momento como La Polla Records, Hertzainak ou Zarama, e foi elixido disco do ano pola revista musical Muskaria e polos xornais Egin e El Diario Vasco. Ese ano chegaron a tocar diante de 15.000 persoas.

En 1986 comezaron a facer xiras por Europa (Suíza, Alemaña e os Países Baixos) e gravaron dous traballos máis. O primeiro foi o maxi single A la Calle (Soñua, 1986), onde apareceron tres temas: «Hay algo aquí que va mal», «A la calle» e o primeiro dub que se realizou no Estado español: «Desmond dub», mestura do tema «Desmond Tutu» do seu primeiro LP.[1] En setembro entraron nos estudios Elkar e gravaron o seu segundo LP, El Estado De Las Cosas (Soñua, 1986). O espírito tan festivo do seu primeiro LP estaba presente («Equilibrio», «Cartel en el casco viejo de Bilbao» o «Aizkolari»), pero comezou a difuminarse en temas como «9 zulo», «Nivel 30», «El estado de las cosas» u «Hotel Monbar». Case todos os temas estaban cantados en español. Apareceron como colaboradores Jabier Muguruza (acordeón en «Jaungoikoa eta Lege Zarra»), Xabier Montoia (cantante do grupo M-ak, en «9 zulo») ou Josetxo Silguero (saxo en «Equilibrio»). Nese ano romperon definitivamente as fronteiras do País Vasco e asentaron un circuíto que abarcaba a todo o Estado español.

Durante 1987 adicáronse a facer xiras, tocando en todo o Estado e acometendo unha nova xira europea que os levaría ao Estado francés e, de novo, a Suíza e Alemaña. Convertéronse nun dos grupos do Estado que máis tocara por Europa; o que deu pé a un recompilatorio editado exclusivamente para a súa distribución europea: A Frontline Compilation (Red Rhino-Organik, 1988).

En 1988 chegou o seu terceiro LP, Kolpez Kolpe (Oihuka, 1988), desta vez cantado integramente en éuscaro. Gravárono nos estudios IZ, e aparece Kaki Arkarazo (guitarrista de M-ak) como produtor e técnico de son. O son evoluciona dende os dous primeiros discos (aparece unha nova sección de vento) e xa se podía intuir o que serían Negu Gorriak. Volveron a aparecer múltiples colaboracións, como Yul (de RIP, guitarra en «Makurtu gabe»), Mikel Laboa (voz en «Ehun ginen») e outra vez Jabier Muguruza (acordeón en «Platinozko Sudurrak»).

Á xira posterior por Europa incorporouse Kaki Arkarazo como segundo guitarrista. Deron un total de 280 concertos nos seus catro anos de existencia.[4] No último (un 1 de outubro en Iruña) gravaron o que sería o seu canto de cisne, e o duplo LP en directo Azken Guda Dantza (Nola!, 1988), que está considerado como un dos mellores discos ao vivo do mundo pola revista Maximun Rock&Roll.

Tras a separación do grupo no 1988, os irmáns Fermin e Iñigo Muguruza formaron Negu Gorriak xunto con Kaki Arkarazo. No 2007, Fermin Muguruza desenvolve a súa carreira en solitario. Iñigo, ao disolverse Kortatu pasou a formar parte de Delirium Tremens como guitarrista. Estando en Negu Gorriak formou o combo Joxe Ripiau e a día de hoxe forma parte do grupo Sagarroi. Treku retirouse da música (despois de formar parte de Les Mecaniciens, xunto a Jabier Muguruza) e Kaki formou parte de Negu Gorriak e Nación Reixa. Dende a disolución destes grupos vén traballando como produtor discográfico e técnico de son.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Kortatu (Soñua, 1985). LP. Na reedición en CD (Oihuka, 1998) incluíronse dúas canciones extra: "Mierda de ciudad" e "El último ska".
  • El Estado De Las Cosas (Soñua, 1986). LP. Na reedición en CD (Oihuka, 1998), incluíronse as cancións do maxi single A la calle.
  • A Frontline Compilation (Red Rhino-Organik, 1988). LP. Recompilatorio, reeditado en CD por Oihuka en 1998.
  • Kolpez Kolpe (Oihuka, 1988). LP. Reeditado en CD por Esan Ozenki en 1998.
  • Azken Guda Dantza (Nola!, 1988). Dobre LP en vivo. Na reedición en CD (Esan-Ozenki, 1992) desaparecen os pitidos censores que se escoitaban no tema "Aizkolari" para tapar os berros do público coreando o nome de ETA. Nesta edición tamén descubrimos que o personaxe oculto que aparecía no sobre de El estado de las cosas era Xoán Carlos I.

Singles e EP

[editar | editar a fonte]

Discos compartidos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 F-M Hop: Música vasca: Kortatu, no dosier especial sobre música vasca, publicado por La Factoría del Ritmo, marzo-julio de 1996.
  2. Blejman, Mariano. Entrevista a Fermin Muguruza: «Soy una persona condenada a la muerte artística», en Página12.com, 23 de novembro de 2006.
  3. Negu Gorriak. La victoria de la palabra, p. 22. Dosier sobre Negu Gorriak preparado polo equipo de negugorriak.net, 2005.
  4. No Azken guda dantza aparece un listado con todos os concertos que ofreceron durante a súa existencia: un total de 280.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]