Saltar ao contido

Kang Kyung-hwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKang Kyung-hwa

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) 강경화 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
36ª Foreign minister of South Korea (en) Traducir
18 de xuño de 2017 – 8 de febreiro de 2021
← Yun Byung-se (pt) TraducirChung Eui-yong (en) Traducir →
Membro do gabinete: Moon Jae-in Government (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst (pt) Traducir
Universidade Yonsei Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscritório das Nações Unidas para a Coordenação de Assuntos Humanitários (pt) Traducir
ONU
Cleveland State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata de Corea Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Kang Kyung-hwa (en hangul, 강경화; en hanja, 康京和) nada en Seúl o 7 de abril de 1955, é unha diplomática surcoreana. Desde xaneiro de 2017 é asesora especial para asuntos políticos do Secretario Xeral da ONU António Guterres. Ten unha ampla experiencia en Nacións Unidas desde 2001, primeiro á fronte da delegación diplomática de Corea do Sur na ONU, e desde 2013 na Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios e como alta comisionada adxunta para os Dereitos Humanos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kang graduouse na Universidade Yonsei onde completou a súa licenciatura en ciencias políticas e diplomacia. Realizou un mestrado en comunicación e realizou a súa tese en comunicación intercultural na Universidade de Massachusetts Amherst, Estados Unidos.[1]

No inicio da súa carreira profesional, traballou no Korean Broadcasting System en Seúl en programas sobre temas culturais e despois na Radio Internacional de Corea, e daba clases en universidades de Corea do Sur e os Estados Unidos.

Traballou para a Presidenta da Asemblea Nacional de Corea do Sur en temas relacionados con dereitos humanos, avances nos dereitos das mulleres e diplomacia parlamentaria e en diversas organizacións de mulleres en Corea, incluíndo o Consello Coreano da Muller.

En 1998, incorporouse ao Servizo Exterior de Corea. Foi embaixadora para Asuntos Multilaterais e Directora Xeral de Organizacións Internacionais no Ministerio de Exteriores da República de Corea.[1]

Desde 2001 ten relación con Nacións Unidas. Primeiro estivo á fronte da Misión da República de Corea na ONU (2001-2005) momento no que asumiu a presidencia da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller para os períodos de sesións 48.º e 49.º en marzo de 2005 que marcaron o décimo aniversario da Conferencia Mundial sobre a Muller e reafirmou a Declaración de Beixing e a Plataforma de Acción para o avance das mulleres e a igualdade de xénero.[2]

De 2006 a 2013 foi Alta Comisionada Adxunta de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos nomeada polo entón Secretario Xeral de Nacións Unidas Kofi Annan.[2]

Tamén foi directora xeral de Organización Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores e Comercio da República de Corea.

O 18 de marzo de 2013, o Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon nomeouna Subsecretaria Xeral e Coordinadora Adxunta de Asistencia de Emerxencia da Oficina de Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) substituíndo a Catherine Bragg coa misión de ser a asesora principal do Secretario Xeral da ONU en Asuntos Humanitarios e asegurar a cooperación entre Nova York e Xenebra co terreo.[3]

En decembro de 2016 o novo Secretario Xeral da ONU António Guterres incorporouna ao seu equipo como Asesora especial para asuntos políticos.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casada con Yillbyung Le e ten dúas fillas e un fillo.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2006 foi elixida Muller do Ano pola Asociación Coreana de Mulleres Universitarias e o Instituto Coreano de Mulleres e Política.[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Former Deputy High Commissioner". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 United Nations (18 de setembro de 2006). "Secretary-General appoints Kyung-wha Kang of Republic of Korea deputy high Commissioner for Human Rights" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2017. 
  3. "The Under-Secretary-General and Emergency Relief Coordinator | OCHA". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2017. 
  4. "Guterres elige a tres mujeres como pilares de su equipo en la ONU". www.efe.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2017.