Kaiser Chiefs
Kaiser Chiefs | |
---|---|
Orixe | Leeds, Inglaterra |
Período | 1996 – 2003 (como Parva) 2003 – presente |
Xénero(s) | rock alternativo, post-punk revival, New Wave |
Selo(s) discográfico(s) | MCA Music, Inc., B-Unique, Polydor, Drowned in Sound, Liberator |
Membros | Ricky Wilson Andrew 'Whitey' White Simon Rix Nick 'Peanut' Baines Nick Hodgson |
Na rede | |
http://kaiserchiefs.co.uk/ | |
Kaiser Chiefs é unha banda inglesa de indie rock[1][2] procedente de Leeds e formada orixinalmente en 1996 como Runston Parva, antes de reformarse como Parva en 2000. En 2003 publicaron un álbum de estudio, 22, antes de tomar o seu actual nome ese mesmo ano. Tomou o seu nome do club de fútbol surafricano Kaizer Chiefs.[3] O seu álbum de estrea, Employment, foi editado no ano 2005. Inicialmente inspiráronse no New Wave e o punk rock de finais dos anos 70 e de principios dos 80, e conseguiron éxito internacional conseguindo vender ao redor dos 3 millóns de álbums. O seu segundo álbum, Yours Truly, Angry Mob, lanzado no 2007, contiña "Ruby", un sinxelo que foi número 1 no Reino Unido. Editaron o seu terceiro álbum, Off with Their Heads, no mes de outubro do ano 2008. Despois dun tempo separados, lanzaron The Future Is Medieval en xuño de 2011.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Employment | 2005 | B-Unique |
Yours Truly, Angry Mob | 2007 | B-Unique |
Off with Their Heads | 2008 | Universal, B-Unique |
The Future Is Medieval | 2011 | Universal, Fiction |
Education, Education, Education & War | 2014 | Fiction, B-Unique, ATO |
Stay Together | 2016 | Caroline |
Duck | 2019 | Polydor |
Kaiser Chiefs' Easy Eighth Album | 2024 | V2 Records |
EPs
[editar | editar a fonte]- Lap of Honour - 2005 (Universal, B-Unique)
Membros
[editar | editar a fonte]Membros actuais
- Ricky Wilson – Voz principal, percusión (2000–actualidade)
- Andrew "Whitey" White – Guitarra (2000–actualidade)
- Simon Rix – Baixo (2000–actualidade)
- Nick "Peanut" Baines – Teclados, percusión (en You Want History) (2000–actualidade)
- Vijay Mistry – batería e percusión (2013–actualidade)
Membros anteriores
- Nick Hodgson – Batería, coros, voz principal (en Boxing Champ, Remember You're A Girl, Man On Mars e If You Will Have Me) (2000–2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kaiser Chiefs Songs, Albums, Reviews, Bio & Mo...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "BBC - Seven Ages of Rock - Programmes - What The World Is Waiting For". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "BBC - South Yorkshire - Entertainment - Kaiser Chiefs interview". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-12-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 08 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.