Julia Pérez Montes de Oca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1839 El Cobre, Cuba |
Morte | 25 de setembro de 1875 (36 anos) Artemisa, Cuba |
Causa da morte | tuberculose |
Actividade | |
Ocupación | poetisa |
Familia | |
Irmáns | Luisa Pérez de Zambrana |
Julia Pérez Montes de Oca, nada en Santiago de Cuba en 1839 e finada en Artemisa o 25 de setembro de 1875, foi unha poetisa cubana, irmá da tamén poetisa Luisa Pérez de Zambrana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Santiago de Cuba, onde foi educada.[1] Era irmá máis nova da tamén poetisa Luisa Pérez de Zambrana,[2] coa cal sempre mantivo unha boa amizade e o seu esposo, o doutor Ramón Zambrana.[3] De feito, o vencello da súa familia con Zamabrana é tal que, cando a súa irmá casou con el, toda a familia se trasladou a vivir á Habana.[1]
Interesada na poesía dende nova, publicou os seus primeiros poemas nos xornais Redactor de Santiago de Cuba e Kaleidoscopio de la Habana, e máis tarde colaborou con outras cabeceiras cubanas e estranxeiras. Era adoito que asistise a reunións artísticas e literarias, onde recitaba as súas composicións. A súa obra foi eloxiada tanto pola súa irmá como pola prensa daquela, que a citou nun dos seus recitais como «conmovedora» e «deliciosa».[1]
A súa poesía enmárcanse no segundo romanticismo, de carácter serodio,[4] e abrangue xéneros diferentes, trata temas diversos,[1] e aínda que polo xeral ten trazos románticos, Pérez móvese máis no clasicismo, con referencias constantes ó locus amoenus, que lembra a Garcilaso de la Vega.[4] Coa morte do doutor Zambrana, os seus versos vólvense tráxicos, mais outros supóñense a amores non correspondidos.[3] En colaboración con outras poetisas do momento, publicou algúns poemas en El álbum cubano de lo bueno y lo bello, fundado e dirixido por Gertrudis Gómez de Avellaneda, en 1860.[2] Non publicou nunca en vida ningún poemario,[4] malia que de maneira póstuma saíu unha única colección de poesías con nome Poesías, no ano 1875 en Barcelona.[2] Unha edición supostamente máis completa foi publicada, finalmente, en 1957.[4]
Pérez morreu o 25 de setembro de 1875 por mor de tuberculose, probablemente na casa El Jardín, residencia de Cornelio Souchay e Angélica Zambrana, en Artemisa. Foi enterrada no cemiterio da localidade. Algúns dixeron que se suicidou, de acordo cos derradeiros versos que deixou escritos, mais outros descártano porque no seu certificado de defunción pon que recibiu a extrema unción.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 García de Coronado, Domitila (1872). Album poético-fotográfico de las escritoras cubanas (en castelán). A Habana: Imprenta militar de la Viuda de Soler. pp. 85–100.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Vollendorf, Lisa (ed.) (2005). Literatura i feminismo en España (s. XV-XXI) (en castelán). Barcelona: Icaria Editorial. p. 180.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cuba Literaria Ediciones Digitales, ed. (25 de setembro de 2020). "A una olvidada: Julia Pérez Montes de Oca" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Rodríguez Gutiérrez, Milena (ed.) (2011). Otra Cuba secreta. Antología de poetas cubanas del XIX y del XX (en castelán). Madrid: Editorial Verbum. pp. 87–88.