José María Castro Bolaño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1803 Vilalba, España |
Morte | 1876 (72/73 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, político |
José María Castro Bolaño, nado en Ladra (Vilalba) en 1803 e finado en Lugo en 1876, foi un avogado, político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus primeiros estudos no Colexio da Latinidade de Viveiro e despois trasladouse a Santiago de Compostela, onde se graduou en Dereito en 1826. Exerceu a avogacía en Viveiro e despois marchou a Lugo, onde foi deputado provincial e vicepresidente do Consello provincial. Foi director de El Correo de Lugo, no que colaborou con artigos de carácter xurídico e tamén colaborou en La Aurora del Miño, El Eco de Galicia e Revista Jurídica de Galicia.
Obras
[editar | editar a fonte]- Informe sobre el estado de los montes en la provincia de Lugo y los medios de proveer a su conservación, presentado al Consejo de Administración por su vicepresidente Don José María Castro Bolaño y adoptado por aquel cuerpo y la junta de agricultura, 1850.
- Memoria sobre la agricultura en la provincia de Lugo, leída en la Junta provincial del ramo por Don José María Castro Bolaño, adoptada e impresa por acuerdo de la misma corporación en sesión del 28 de enero de 1850, 1850
- Informes sobre las causas de la miseria en Galicia, 1853.
- Estudio jurídico sobre el foro en su doble concepto de contrato y de derecho real, 1873.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Castro Bolaño |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Autores GalegosArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.