Joe Johnson
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Joe Marcus Johnsonn 29 de xuño de 1981 (43 anos) Little Rock, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Arkansas (pt) Little Rock Central High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 109 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Campionato mundial de baloncesto de 2006 |
Joe Marcus Johnson, nado o 29 de xuño de 1981 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogaba como escolta ou ala. Foi seleccionado no Draft da NBA polos Boston Celtics en 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Little Rock (Arcansas), Joe Johnson estudou no Instituto Little Rock Central, onde xogou ao baloncesto. Grazas ao seu rendemento tivo varias ofertas de bolsas para estudar en prestixiosas universidades como Duke ou Connecticut; porén, finalmente decantouse pola Universidade de Arkansas. Na súa primeira tempada liderou ao seu equipo en anotación (16,0 puntos por partido) e en rebotes (5,7), chegando a ser o primeiro novato en conseguilo na historia da universidade. Nos dous anos que permaneceu alí fixo unha media de 15,0 puntos e 6,1 rebotes por partido.[1]
Tras pasar dous anos na universidade, declarouse elixíbel para o Draft da NBA de 2001, onde foi elixido no décimo posto polos Boston Celtics. Tras media temporada no equipo de Boston, foi traspasado aos Phoenix Suns onde permaneceu até 2005. A súa explosión de xogo chegaría na temporada 2003−04, onde aumente as súas estatísticas até o 16,7 puntos, 4,7 rebotes e 4,4 asistencias. Tras a súa estadía no equipo de Novo México, asina polos Atlanta Hawks, onde na temporada 2006−07 aumenta os seus números até conseguir unha media de 25,0 puntos por partido, sendo un dos máximos anotadores da liga. Ese mesmo ano é chamado para xogar por primeira vez o Partido do All-Star. En 2010 sería ademais incluído no Terceiro Equipo All-NBA. Tras varios anos en Atlanta cuns números destacábeis, en xullo de 2012 é traspasado aos Brooklyn Nets a cambio de Jordan Farmar, Anthony Morrow, Jordan Williams, Johan Petro, DeShawn Stevenson e unha elección de primeira rolda do Draft de 2013.[2]
O 25 de febreiro de 2016, Johnson e os Nets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.[3] O 27 de febreiro de 2016, Johnson asinou cos Miami Heat.[4] O día seguinte, fixo o seu debut cos Heat, na vitoria por 98-81 contra os New York Knicks, facendo 12 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias en 30 minutos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perfil de Johnson en TDR". The Draft Review (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ "Brooklyn Nets Acquire All-Star Joe Johnson". NBA.com (en inglés). 11 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ "Brooklyn Nets Waive Joe Johnson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "HEAT Signs Joe Johnson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 27 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
- ↑ "Wade scores 26, Heat beat Knicks in Joe Johnson's debut". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 28 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en Basketball Reference Arquivado 18 de setembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1981
- Nados en Little Rock
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Houston Rockets