Saltar ao contido

Joaquina Dorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquina Dorado
Biografía
Nacemento(es) Joaquina Dorado Pita Editar o valor en Wikidata
25 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, política Editar o valor en Wikidata
MovementoAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaLiberto Sarrau Royes Editar o valor en Wikidata

Joaquina Dorado Pita, nada na Coruña o 25 de xuño de 1917 e finada en Barcelona o 14 de marzo de 2017,[1] foi unha anarquista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de mariñeiros, pasou a súa adolescencia en Vigo até que en 1934 marchou coa familia a Barcelona. Con 17 anos afiliouse ao Sindicato da Madeira e Decoración da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da legalidade republicana, formando parte do Comité de Defensa de Barcelona. Tivo cargos directivos no Sindicato da Madera de Barcelona e participou nos combates dos sucesos de maio de 1937 como integrante do grupo anarquista Luz y Cultura. Coa derrota da República fuxiu ao exilio en 1939. En 1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anos presa, volveu exiliarse en París, traballou como costureira e pasadora ata a súa xubilación. En 2006 retornou a Barcelona, onde pasou os seus últimos, anos e onde finou o 14 de marzo de 2017.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]