Jessie Lipscomb
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1861 ![]() Grantham, Reino Unido ![]() |
Morte | 12 de xaneiro de 1952 ![]() |
Educación | Royal College of Art (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura ![]() |
Ocupación | escultora ![]() |
Jessie Lipscomb, nada en Grantham o 13 de xuño de 1861 e finada o 12 de xaneiro de 1952, foi unha escultora inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jessie Lipscomb foi filla dun representante dunha mina de carbón e unha camareira. En 1875, a familia trasládase a Peterborough. Asistiu ao Royal College of Art que era naquel tempo como se chamaba a National Art Training School en South Kensington. Gañou o Queen's Prize en 1882 e a Medalla de Prata Nacional en 1883, após o cal visitou París coa idea de continuar a súa educación. Dúas licenciadas anteriores da National Art Training School - Amy Singer e Emily Fawcett - xa vivían en París, e compartían un estudio coa moza Camille Claudel. En xaneiro de 1884 a nai de Camille escribiulle a Jessie confirmando o acordo de que Jessie se aloxaría coa familia de Claudel por 200 francos ao mes.
En 1886 Jessie e Camille viaxaron xuntas a Inglaterra onde visitaron a familia de Jessie en Peterborough. Neste tempo Jessie exhibía un busto de terracota Day Dreams ("Soños de día") na Royal Academy, e en Nottingham.
A relación de Lipscomb con Claudel agostouse e Claudel afirmou que nunca quixo ver Lipscomb outra vez. Con todo, Lipscomb foi unha das poucas persoas que visitou Claudel moitos anos máis tarde cando foi confinada no manicomio de Montdevergues.
Escultura
[editar | editar a fonte]En 1887 exhibiu outra peza de terracota titulada Sans Souci, e un retrato de xeso de Camille Claudel. Ese ano tamén exhibiu un busto do modelo italiano Giganti ambos os dous na Royal Academy e en Nottingham.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con William Elborne o 26 de decembro de 1887 e estabelecéronse en Manchester.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camille Claudel: A Life de Odile Ayral-Clause (en inglés)
- Correspondence de Camille Claudel
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Algunhas das súas esculturas Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Unha fotografía tomada por ela de Auguste Rodin e o seu The Gates of Hell