Saltar ao contido

Ismael Urzaiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsmael Urzaiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ismael Urzaiz Aranda Editar o valor en Wikidata
7 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Tudela, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor en Wikidata
Peso83 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–1985 Club Deportivo Tudelano
1985–1989 Real Madrid CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1993   Real Madrid Castilla 47(12)
1990–1993   Real Madrid CF 0(0)
1991–1992 cesión   Albacete Balompié 11(1)
1993–1993 cesión   Celta de Vigo 6(1)
1993–1994   Rayo Vallecano 20(1)
1994–1995 UD Salamanca 21(3)
1995–1996   RCD Espanyol 41(13)
1996–2007   Athletic Club 367(116)
2007–2008 AFC Ajax 3(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1987–1988   España sub-16 11(5)
1988–1988   España sub-17 1(2)
1988–1990   España sub-18 7(6)
1988–1991   España sub-19 9(3)
1989–1991   España sub-20 5(4)
1990–1992   España sub-21 6(1)
1991–1992   España sub-23 2(0)
1996–2001   España 25(8)
1997–2005   País Vasco 7(2)
Participou en
2000Eurocopa de 2000 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 155152 UEFA: 3819 Editar o valor en Wikidata

Ismael Urzaiz Aranda, nado en Tudela o 7 de outubro de 1971, é un exfutbolista navarro, que xogou durante once anos no Athletic Club como dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente das categorías infantís do Club Deportivo Tudelano, en 1985 ingresou nas categorías xuvenís do Real Madrid[1]. Na tempada 1989-90 disputou a Segunda División co Real Madrid Castilla, logrando cinco goles en dez partidos. O 2 de outubro de 1990 so o adestrador John Benjamin Toshack debutou co Real Madrid nun encontro da Copa de Europa, contra do Odense BK (6-0) en substitución de Míchel no minuto 80[2]. Na tempada 1991/92 xogou cedido co Albacete Balompié co que debutou na Primeira División o 20 de outubro de 1991 contra do Athletic Club que rematou en vitoria 4 a 0[3]. Co conxunto manchego logrou marcar un gol, o 17 de novembro, contra do CD Logroñés. O 3 de febreiro de 1993 xogou o seu segundo partido co Real Madrid, na ida dos oitavos de final da Copa do Rei contra do RCD Mallorca ao substituír a Luis Enrique no minuto 73. Na tempada (1992-93) comezou co filial madridista, logrando oito goles en 27 partidos, pero en abril de 1993 o club cedeuno ao Celta ata rematar a tempada. Cos celestes xogou seis partidos e anotou un gol contra do Real Burgos. De novo cedido, a tempada 1993/94 xogou co Rayo Vallecano, coincidindo con Hugo Sánchez[4]. No equipo madrileño anotou tres goles na Copa, un na Liga e outro na eliminatoria de promoción contra do Compostela[5], malia todo o equipo madrileño baixou a Segunda División.

Na tempada 1994/95 fichou pola UD Salamanca, logrando o ascenso á Primeira División, logo dunha tempada na que xogou principalmente como suplente no equipo de Juanma Lillo, deulle o ascenso con dous goles de cabeza: o 277 de xuño de 1995, tras unha derrota 0 a 2 no partido de ida contra do Albacete, marcou o gol que fixo posible a prórroga no minuto 95, e o 0 a 3 no minuto 111[6].

Para a tempada 1995/96 fichou polo RCD Espanyol dirixido por Jose Antonio Camacho. Debutou marcando un gol o 3 de setembro cunha vitoria por 3 a 1 contra da UD Salamanca. No seu primeiro partido como titular, o 14 de outubro, marcou dous goles nunha vitoria 0 a 3 contra do Sevilla. Sumou 15 goles nesa tempada, 8 nos últimos dous meses da competición. Logrou o seu primeiro triplete en primeira división o 14 de abril contra do Rayo Vallecano nunha vitoria 4 a 2[7]. A súa gran tempada fixo ao Athletic Club fixarse nel e pagar 500 millóns de pesetas en xullo de 1996[8][9].

Athletic Club

[editar | editar a fonte]
Ismael Urzaiz (pisando a liña da área) durante un encontro entre o Athletic e o Celta de Vigo.

Na súa primeira tempada co Athletic fíxose co posto de dianteiro titular, afacendo a Ziganda a xogar pegado á banda esquerda. Marcou dezaseis goles na Liga (trece na segunda volta) e dous na Copa, por diante de Ziganda que anotou dezasete na Liga e Julen Guerrero que marcou quince[10]. Na tempada seguinte, malia anotar só dez goles, logrou o subcampionato da liga co club[11]. Na campaña 1998/99 participou na Liga de Campións anotando un gol, alén de dezaseis na Liga[12], significativo foi ao que marcou ao rematar cun tiro de costas no derradeiro minuto, nun partido que se xogou no Montjuic contra do Espanyol[13]. A tempada 1999/00 foi a última de Luis Fernández como técnico, e Urzais só puido anotar sete goles por mor dos seus problemas no nocello. No seguinte ano, xa con Txetxu Rojo no banco, converteuse no máximo goleador do equipo nunha difícil tempada, con once goles na Liga e dous na Copa[14]. Na tempada 2001/02, con Jupp Heynckes, aumentou o número de goles, chegando a dezaoito. O 23 de xaneiro de 2002 marcou o gol da vitoria 2 a 1 na ida das semifinais da Copa do Rei contra do Real Madrid[15]. Ao remate da tempada non renovou o contrato e quedou libre[16] pero volveu ao club vasco quince días despois[17], nesa tempada anotou catorce goles, incluído un triplete no Vicente Calderón nun empate a tres[18]. Na tempada 2003/04, con Ernesto Valverde, anotou oito goes, e a seguinte supuxo un cambio radical, ao principiar a saír polo común dende o banco, e así e todo, finalizou a tempada con doce goles; os seus dous goles contra do Real Betis nun 4 a 4, en dous minutos con dous remates de cabeza, confirmábano como unha das maiores ameazas da Ligan a balón parado[19].

Na tempada 2005/06 só logrou tres goles: unha lesión crónica no cuadríceps, a actuación de Fernando Llorente e mais a chegada de Aritz Aduriz quitáronlle participación[20] malia iso, concluíu a tempada como titular por mor da lesión do dianteiro donostiarra e a pouca confianza de Javier Clemente no aínda moi novo ariete rioxano[21]. Na tempada 2006/07 alternou suplencias e titularidades, mais foi un xogador clave, cos seus oito goles. Marcou dous goles nos encontros co Recreativo (4 a 2) (un co taco)[22], Mallorca (1 a 3) e Espanyol (2 a 1), así como un gol de penalti contra do Mallorca (1 a 0) que sumaron boa parte dos 40 puntos que lle deron a permanencia ao equipo[23]. O 17 de xuño disputou o seu derradeiro partido cos leóns, foi contra do Levante, nun 2 a 0 que certificou a permanencia na Primeira División, cunha grande actuación do porteiro Molina, que detivo catro remates de gol do ariete navarro[22].

O 20 de xuño de 2007, Ismael Urzaiz anunciou que marchaba do Athletic Club[24] e o 19 de xullo incorporouse ao Ajax de Ámsterdam de Henk ten Cate. Porén no club neerlandés case non xogou polo protagonismo de xogadores como Klaas-Jan Huntelaar ou Luis Suárez. Debutou o 15 de agosto contra do Slavia Praga ao substituír a Luis Suárez no minuto 72. O 18 de maio de 2008 xogou o seu derradeiro partido como profesional substituíndo a Edgar Davids contra do FC Twente. Xogou dous partidos na Liga de Campións contra do Slavia Praga, un na Copa UEFA contra do Dinamo Zagreb, catro na Eredivisie e un na Copa do Países Baixos sen anotar gol ningún[25].

Seleccións

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

Urzais foi internacional en todas as categorías inferiores da selección de fútbol de España. O 21 de maio de 1988 proclamouse campión de Europa sub-16 ao vencer nos penaltis á selección de Portugal, anotando un[26]. Tivo unha presenza salientable na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 19901, marcando catro goles, incluído un triplete ao Uruguai, converténdose no segundo máximo goleador da competición[27] Entre 1990 e 1992 foi seis veces internacional coa selección sub-21 anotando un gol.[28]

Selección absoluta

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española absoluta entre 1996 e 2001 en 25 ocasións marcando oito goles. Debutou o 9 de outubro de 1996 nun partido contra da República Checa que rematou 0 a 0[29]. Anotou por primeira volta o 27 de marzo de 1999 con dous goles nunha vitoria 9 a 0 contra de Austria[30]. O 8 de setembro de 1999 marcou un triplete contra de Chipre nun 8 a 0[31]. Na Eurocopa 2000 foi canda o seu compañeiro Joseba Etxeberria, e xogou os catro partidos[32].

Selección do País Vasco

[editar | editar a fonte]

Coa selección do País Vasco xogou oito partidos, amigables, entre 1997 e 2006, marcando tres goles, dous deles nunha vitoria 3 a 2 sobre Marrocos en 2000[33].

Carreira posterior

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011/12 foi axudante de Endika Guarrotxena no CD Getxo, co que logrou un ascenso a Terceira División.[34].

En xaneiro de 2013 foi un dos fundadores da axencia de representación de futbolistas Urzaiz & Abando Football Agency.[35]. En 2015 foi un dos ex xogadores escollidos pola LFP como embaixadores da institución[36]

  1. "Urzaiz, doctorado en goles mágicos". Sport. 12 de decembro de 2006. 
  2. "El Aguanis - Ficha Real Madrid-Odense 1990-1991". elaguanis.com. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  3. "El presidente del Athletic culpa de la crisis a los jugadores y defiende al entrenador". El País. 22 de outubro de 1991. 
  4. "¿Sabías que Urzaiz y Hugo Sánchez compartieron delantera en el Rayo Vallecano? - Diarios de Futbol". diariosdefutbol.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  5. "El Compostela alcanza la gloría a costa del Rayo". El País. 2 de xuño de 1994. 
  6. "El gol de Urzáiz". Salamanca rtv al día. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  7. "Página de supporters a l'Espanyol de Barcelona". pericosonline.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  8. "Urzaiz, traspasado al Athletic por 500 millones". 
  9. "Isma Urzaiz: “El partido ante el Levante nos comía por dentro”". Deia. 29 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2019. 
  10. "Isma Urzaiz: “El partido ante el Levante nos comía por dentro”. Deia". Deia. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  11. "Históricos de San Mamés VII: Athletic- Zaragoza, una victoria de Champions". Vavel. 1 de maio de 2013. 
  12. "Urzaiz: "Es lo máximo"". Mundo Deportivo. 2 de xullo de 2017. 
  13. "Urzaiz maquilla al Athletic". El País. 21 de marzo de 1999. 
  14. "Urzaiz imparte clases de gol". El País. 3 de decembro de 2001. 
  15. "El Athletic pone en jaque al Madrid". El Mundo. 23 de xaneiro de de 2002. 
  16. "El Athletic sólo se interesa por Bolo y Nagore". El Mundo. 9 de xullo de 2002. 
  17. "Urzaiz da marcha atrás". El País (en castelán). 16 de xullo de 2002. 
  18. "15 años del insólito 'empate de los hat-tricks': ¿quién se llevó el balón?". Marca. 10 de novembro de 2017. 
  19. "Partidazo de los pies a la cabeza". El Pais. 14 de febreiro de 2005. 
  20. "Urzaiz sufre una lesión crónica". El País. 11 de outubro de 2005. 
  21. "Clemente: "Urzaiz es importantísimo para la plantilla"". europapress. 27 de xaneiro de 2006. 
  22. 22,0 22,1 "Urzaiz da al Athletic su primera victoria en casa". El Mundo. 10 de decembro de 2006. 
  23. "Paso de gigante del Athletic". El Mundo. 27 de maio de 20o7. 
  24. "Urzaiz anuncia que deja el Athletic". El Mundo. 29 de xuño de 2007. 
  25. "Ismael Urzáiz at Ajax". AFC-Ajax.info. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  26. "18.000 espectadores vieron el triunfo de la Sub16". muchacalidad.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  27. "Pier y Urzaiz, el futuro del gol". El País. 20 de xuño de 1991. 
  28. "España - Italia (Sub-21)". cdtoledo.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  29. Veces que foi internacional Urzaiz na RSSSF
  30. "España vive una noche idílica". El País. 28 de marzo de 1999. 
  31. "España, cuarta clasificada para la Eurocopa, tras apabullar a Chipre por 8-0". El Mundo. 9 de setembro de 1999. 
  32. "2000: El penalti de Raúl". Marca. 20 de xuño de 2012. 
  33. "Se hizo justicia" [Justice was done]. Mundo Deportivo. 30 de decembro de 2000. 
  34. "El Getxo ya es de Tercera". El Correo. 3 de xuño de 2012. 
  35. "Agente de jugadores RFEF". Joshe Abando. Psicología Deportiva. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 
  36. "La Liga presenta a sus diez embajadores en el mundo". Marca. 17 de setembro de 2015.