Saltar ao contido

Islas Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Islas Airways
IATA
IF
OACI
ISW
Indicativo
PINTADERA
Fundación2002
Inicio das operacións2003
Fin das operacións16 de outubro de 2012
Plan de voo frecuenteIslas Premium
Eslogan da compañíaContigo. Con los tuyos
SedeSanta Cruz de Tenerife
Páxina web: http://www.islasairways.com/

Islas Líneas Aéreas foi unha aeroliña española con sede social en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias) e bases de operacións nalgúns aeroportos das illas. Operaba voos regulares interinsulares nas Illas Canarias. Foi constituída en 2001 e empezou a operar en febreiro de 2003. Islas Líneas Aéreas pertencía na súa totalidade ao grupo de propietarios de Santa Bárbara Airlines (Venezuela).

Posteriormente, Islas Líneas Aéreas foi propiedade do empresario da construción palmeiro Miguel Concepción a través do Grupo SOAC. No verán do 2007, Islas Airways iniciou unha importante fase de expansión das súas operacións co pedido de 8 novos ATR 72-500 e a contratación dun equipo de coñecidos executivos internacionais da aviación (Andreas Blass CEO, Rainer Uphoff CCO e Mario Goldberg COO).

Islas Líneas Aéreas operaba servizos regulares entre os aeroportos de Gran Canaria, Tenerife Sur, Tenerife Norte, Fuerteventura, Lanzarote, La Palma e El Hierro. A aeroliña cesou todas as súas operacións o 16 de outubro de 2012.

A aeroliña constituíuse en La Orotava o 7 de setembro de 2001 cun capital social de 70 000 €. Os accionistas iniciais da empresa eran Francisco González Yanes (tinerfeño residente en Venezuela) cun 89%, a Sociedad Canaria Americana de Inversiones cun 10% representada por Francisco Sánchez Jordán e Antonio Luis González cun 1%.

En maio de 2002 a compañía quedou inscrita na Zona Especial Canaria (ZEC) e no mes seguinte ampliouse o capital social ata os 1 080 000 €. A principios de 2003 solicitou autorización e dereitos de aterraxe e engalaxe para operar diversas rutas interinsulares, así como os códigos aeronáuticos IATA e OACI e a implementación destas rutas nos sistemas de reservas.

O 28 de marzo de 2003 iniciou a súa actividade comercial con seu primeiro voo na liña Gran Canaria-Fuerteventura operada cun ATR 72. O 15 de abril baiutizouse o seu segundo ATR 72 no aeroporto de La Palma, comezando as súas operacións ao día seguinte na ruta La Palma-Tenerife Norte.

O 20 de xuño de 2007 a aeroliña formalizou a compra de seis avións ATR 72-500 por un valor duns 110 millóns de dólares. Os aparellos serían entregados entre finais dese anos e 2009.[1]

O día 15 de outubro de 2012 a compañía publicou un comunicado anunciando o cesamento temporal de operacións de tráfico regular despois da incerteza vivida os días anteriores. Despediron os esmpregados sen recibir indemnizacións. Posteriormente a compañía intentaría, sen éxito, restablecer os voos. En xaneiro de 2014 volveu a perder a licenza de voo e defíxose da súa frota de catro avións, vendéndoos a outras compañías aéreas.

O Ministerio de Fomento acusou en 2012 a Islas Airways de fraude coas subvencións para residentes canarios.​[2] O Tribunal Supremo confirmou en 2018, dentro dun expediente administrativo de reintegro da subvención que o propio Ministerio de Fomento iniciara, a sentenza de instancia que obrigaba a Islas Airways a devolver 7,5 millóns de euros, esas cantidades xa foran retidas polo ministerio polo que a sentenza non tiña xa efectos económicos.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]