Saltar ao contido

Isaac I Comneno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaac I Comneno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1007 Editar o valor en Wikidata
Imperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Morte1060 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Mosteiro de Estúdio (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
5 de xuño de 1057 – 22 de novembro de 1059
← Miguel VI EstratióticoConstantino X Ducas → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Ducas-Comneno Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina da Bulgária Editar o valor en Wikidata
PaiManuel Erótico Comneno Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoão Comneno (doméstico das escolas)
unknown daughter of Manuel Erotikos Komnenos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Issac I., Comnenus Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Komnenos-8

Isaac I Comneno, nado contra o ano 1005 e finado en 1061, foi emperador bizantino de 1057 a 1059. Foi o primeiro emperador da dinastía Comneno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isaac era fillo de Manuel Comneno, un oficial do emperador Basilio II que no seu leito de morte encomendara aos seus dous fillos, Isaac e Xoán, ao emperador. Este encargárase de que os dous recibisen unha esmerada educación no mosteiro de Studion; máis adiante, deulles importantes cargos no exército. En 1057 era o comandante en xefe do exército bizantino, e encabezou unha rebelión contra o emperador Miguel VI. O 8 de xuño dese ano foi proclamado emperador polas súas tropas e elevado sobre un escudo, segundo a antiga tradición militar. O 20 de agosto dese mesmo ano derrotou ás tropas de Miguel II, e o 1 de setembro entrou triunfante en Constantinopla.

Propúxose reformar o exército para recuperar para o Imperio a grandeza da época de Basilio II. Para recadar fondos, comezou a confiscar propiedades á aristocracia latifundista, que se enriqueceu enormemente nos anos de crises que seguiron á morte de Basilio II, en 1025. Intentou tamén confiscar propiedades da Igrexa, o que produciu o seu enfrontamento co patriarca de Constantinopla Miguel Cerulario, que fora antes partidario seu e traballara activamente para a súa entronización. Como o patriarca ameazase a Isaac con destituílo, o emperador fíxoo deter e enviouno ao exilio o 8 de novembro de 1058. Como Cerulario se negase a renunciar ao seu cargo, Isaac fixo que se convocase formalmente un sínodo para destituílo. O patriarca morreu antes de que o sínodo puidese ditar sentenza, pero o pobo de Constantinopla considerouno un mártir. Pouco máis dun ano logo de comezar o seu reinado, Isaac atopábase coa oposición frontal da aristocracia, da Igrexa e do pobo de Constantinopla; só o exército continuaba séndolle leal.

Realizou unha única expedición militar durante o seu breve reinado, en 1059, contra os maxiares e pechenegos, que ameazaban as fronteiras setentrionais do Imperio. A finais de 1059, cando se atopaba cazando, enfermou repentinamente, e nomeou como sucesor, forzado por Miguel Psellos, a Constantino Ducas. Morreu en 1061, tras tomar o hábito de monxe en Studion, onde se dedicou aos estudos literarios.

Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VI Estratiótico
Isaac I Comneno
Precede a:
Constantino X Ducas
Dinastía Ducas-Comneno

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]