Illa del Giglio
Isola del Giglio (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Toscana | ||||
Provincias | Provincia de Grosseto | ||||
Capital | Giglio Castello (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.330 (2023) (55,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24,01 km² | ||||
Bañado por | Mar Tirreno | ||||
Altitude | 405 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Mamilian of Palermo (en) | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Isola del Giglio (en) | Armando Schiaffino (en) (2024–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 58013, 58012 e 58010 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0564 | ||||
Identificador ISTAT | 053012 | ||||
Código catastral italiano | E348 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.isoladelgiglio.gr.it |
Giglio (italiano: Isola del Giglio; pronuncia: [ˈiːzola del ˈdʒiʎʎo]) é unha illa e un concello italiano situada no Mar Tirreno, na costa da Toscana, parte da provincia de Grosseto.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa está separada 16 km do promontorio Argentario, principalmente montañosa, está case totalmente constituída por granito que culmina co Poggio della Pagana (496 m). O 90% da súa superficie está cuberta por vexetación mediterránea alternando con grandes bosques de piñeiros e viñedos, que permiten a produción do famoso "viño de Ansonaco". A costa ten 27 km de longo, composta de rochas, de suaves cantís e varias baías suxestivas: Arenella, Cannelle, Caldane e Campese, a máis grande co seu pequeno pobo homónimo.
O municipio está composto polas illas de Giglio e Giannutri. Tres principais asentamentos atópanse na illa principal:
- Porto de Giglio, situado no lado costeiro do leste e sede do o porto. Divídese nos barrios de Chiesa, Moletto e Saraceno.
- Castelo de Giglio, situado sobre un outeiro entre as outras dúas localidades e caracterizado polos maxestosos muros dunha fortaleza. Divídese nos barrios de Casamatta, Centro, Cisterna e Rocca.[1]
- Giglio Campese, atópase no lado noroeste da costa e é un moderno complexo mariño.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa naceu probablemente hai de 4,5 a 5 millóns de anos, e foi habitada desde a Idade de Ferro. Máis tarde foi probablemente unha fortaleza militar etrusca. No cadro da dominación da Antiga Roma era unha importante base no mar Tirreno, citada, por exemplo, por Xulio César no seu De Bello Gallico e polo poeta Rutilius Claudius Namatianus.
No ano 805 foi doada por Carlomagno á abadía de Tre Fontane en Roma, e máis tarde foi unha posesión das familias Aldobrandeschi, Pannocchieschi, Caetani, Orsini e o comune de Perugia. En 1241 a frota siciliana do emperador Frederico II destruíu a frota xenovesa. Desde 1264 foi dominio de Pisa, da que pasou aos Medici. Sufriu varios ataques sarracenos, que só terminaron en 1799.
Xunto á súa historia, a illa foi sempre recoñecida polos seus recursos minerais: moitas columnas e edificios en Roma, foron construídos co granito do Giglio.
Transporte
[editar | editar a fonte]A Illa del Giglio está conectada á Toscana por transbordadores desde Porto Santo Stefano.
Embarrancamento do Costa Concordia
[editar | editar a fonte]En 2012, a illa recibiu unha prolongada atención dos medios internacionais, despois de que o 13 de xaneiro de 2012 encallara o cruceiro Costa Concordia, xusto á beira da costa da illa. A maioría dos máis de 4.200 pasaxeiros e tripulantes foron rescatados e levados á illa, así como ao continente. Polo menos 30 persoas morreron e 64 resultaron feridas, con 2 desaparecidos (datos do 20 de decembro de 2012).[2] A xente da illa apresurouse a axudar, proporcionando bebidas quentes e mantas, e moitos abriron os seus fogares ás vítimas. A chegada de 2.000 traballadores de rescate vigorizou a vida na illa, e moitos dos traballadores confraternizaron cos insulares. Algunhas raparigas locais deixaron a illa cos seus novos mozos.[3]
O traballo de rescatee do buque iniciouse en 2013 e terminouse cara a finais de xullo de 2014. Achegáronse dispositivos de flotación á dereita do buque para logo elevalo. Foi remolcado posteriormente ao seu destino final o porto de Xénova para ser desguazado.[4][5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Porto de Giglio
-
Castelo de Giglio
-
Giglio Campese
-
Unha pista de herba en desuso na costa de Giannutri
-
Unha rúa en Giglio Castello
-
Vista aérea da illa
- Desastre do Costa Concordia
-
Rocha incrustada no lado de babor no danado casco do Concordia
-
Embarcacións de salvamento ao amencer do día seguinte.
-
Pasaxeiros rescatados apiñados en terra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Giglio Castello". Tourist Association Pro Loco Isola del Giglio and Giannutri "G. Bancalà". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Concordia disaster: House arrest for Captain Schettino" (BBC News)
- ↑ "A Costa Concordia love story: Island beauty, 22, is swept off her feet by British salvage expert, 36, working on wreck - and now she's moving to Kent to have his baby" (Daily Mail)
- ↑ (en italiano) "Summary of the presentation of removal project" Arquivado 12 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (Giglio News)
- ↑ (en italiano) "The Costa Concordia will be transported to Genoa" (Rai News24)