Saltar ao contido

Illa da Liberdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla da Liberdade
Imaxe
Tipoilla
monumento histórico
Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaManhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°41′24″N 74°02′42″O / 40.69, -74.045
Bañado porUpper New York Bay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 5,95 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador307

A illa da Liberdade, antigamente chamada Illa de Bedloe, é unha pequena illa de propiedade federal deshabitada na baía de Nova York nos Estados Unidos de América, máis coñecida por atoparse nela a Estatua da Liberdade.

O nome de "Illa da Liberdade" estivo en uso desde principios do século XX, aínda que o nome non foi oficialmente cambiado ata 1956. Antes da Estatua da Liberdade, a Illa de Bedloe era o fogar de Fort Wood, unha fortificación defensiva, construída en granito, tiña a forma dunha estrela de once puntas. Debido a isto, o seu alcume foi "Star Fort" (Forte estrela).

A illa é propiedade do goberno federal e mantena o National Park Service. Só é accesible para o público por transbordador, saíndo desde Battery Park City en Manhattan ou desde Liberty State Park na cidade de Jersey, Nova Jersey. Está separada da illa de Ellis por aproximadamente 1 milla (1.6 km).

A illa é un exclave do estado de Nova York situado dentro dos límites do estado de Nova Jersey.

A illa ten unha área de 59.558 metros cadrados, ou 14'717 acres, segundo a oficina de censo dos Estados Unidos.

Desde o 11 de setembro do 2001, a illa é vixiada polas patrullas gardacostas dos Estados Unidos.

Relación a Nova York e Nova Jersey

[editar | editar a fonte]
Illa da Liberdade, 2013

A Illa da liberdade está dentro da xurisdición territorial do estado de Nova York, estabelecido en 1664, reafirmado en 1834, e que nunca se disputou oficialmente. A illa é propiedade do goberno federal desde 1800.

A crenza de que a Illa da Liberdade é parte de Nova Jersey podería ser unha dedución equivocada destes feitos:

  • A proximidade da illa á cidade de Jersey.
  • A súa aparición en mapas do Estado de Nova Jersey.
  • A vitoria de Nova Jersey nun preito en 1998 con Nova York sobre a propiedade de partes da illa de Ellis.
  • Nova Jersey proporciona todos os servizos á illa de Ellis e á illa da Liberdade, tales como electricidade, auga, e augas residuais.

A Estatua da Liberdade é demandada como símbolo por Nova York e Nova Jersey. Foi mostrado nas matrículas neoiorquinas para automóbil desde o 1986 a 2000 e nunha matrícula especial de Nova Jersey que celebraba o Liberty State Park na cidade de Jersey. A estatua tamén se pode ver nas moedas de 50 centavos do Estado de Nova York desde o 2 de xuño de 2001.

É indiscutible que os mapas debuxan a fronteira entre o Estado de Nova York e Nova Jersey no centro do río Hudson, coa illa da Liberdade situada en territorio de Nova Jersey. De feito, o Estado de Nova Jersey conserva os dereitos da terra mergullada que rodea á illa, estendéndose cara ao leste da liña que separa os estados. Nova Jersey nunca reclamou os dereitos da terra seca da illa.

Panorama da Illa da Liberdade, con vistas a Manhattan e Nova Jersey

Panorama da Illa da Liberdade, con vistas a Manhattan e Nova Jersey


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]